Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A distancia infinita

martes, 20 de julio de 2021
Seis menos cuarto da tarde. Esperando o café. Xa chegou. Non me sae da cabeza a distancia que vai de aquí ó infinito e máis alá. Debe ser enorme, sideral, infinita. Calquera día éntrame a arroutada e póñome a medila, metro a metro, paso a paso, dáme igual. Onte mesmo déuseme por pensar canto me levaría dar a volta ó mundo... andando. Tería que ir con dirección cara ó Leste, claro. Para parar en Xerusalén e Pingas de Orballo: A distancia infinitacontactar co Noso Señor Xesucristo. Pois ou me concedía a venia de poder andar sobre as augas ou me pasaba el ós cabaletes. Se quero darlle a volta ó mundo teño que cruzar ríos, lagoas, mares e océanos. E moitos ríos dos que hai polo mundo adiante non son como a Arnoia, non. Nin as lagoas son como a lagoa de Almoite. Eu só me vexo capaz de cruzar charcos e caldeiras que non sexan moi anchas.
Seis menos cinco da tarde. Xa tomei o café. E segue a cabeza traballando en como chegar deica o infinito e máis alá. Porque non son Buzz Lightyear. E a distancia é moi grande; infinita. Podo, iso si, plasmar todo nun papel, neste papel, por exemplo, e despois mentir dicindo que si cheguei máis alá do infinito. Podo inventar lugares e distancias, dicir que fun correndo ou amodiño. Ata podo disimular con algunha que outra apurada... que se os coreanos tal (por non dicir os birmanos ou vietnamitas ou colombianos, etc), que se corrín por un barranco ou que crucei o Amazonas no lombo dun crocodilo. A realidade é que seguirei pensando nesa distancia infinita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES