Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anxos de Lourenzá IV (Pipiolos en Mondoñedo)

jueves, 15 de julio de 2021
A D. Pepe, corazón que me cingue con aqueles mestres e compañeiros no Seminario de Mondoñedo, con verdadeira gratitude e agarimo.

Escribía na primeira parte do capitulo segundo- agora fago dela unha prolongación- unha pequena estampa da nosa vida en Lourenzá; e se ben as instalacions manteñense nidias na memoria, a maioría dos profesores mistúranse na miña memoria porque algúns, coma D. Honorio ou D. Pepe, por exemplo, estiveron con nós en ambolos dous seminarios.

Agora contareilles o que supuxo para mín o paso a Mondoñedo. Mondoñedo era a cidade e, sen ser grande, pequena era e sigue a ser, tiña moita máis vida que ten hoxe. Alí estaba toda gran parte da curia diocesana ó servicio da Catedral, frontispicio da plaza maior da cidade. Ó seu carón, o palacete onde vivía o Señor Obispo Monseñor Argaya y Goicoechea. Sí, fronte onde tempo atráis fora axusticiado Pardo de Cela.
Pola parte postrerior, diante dunha ampla e longa explanada ou praza, estaba o Seminario, onde a curia en cuestión traballaba na nosa formación. Tempos de traballo gratuito e sen seguridade social para aqueles curiñas. Durante moitos anos sentín hacia aquele homes unha fondosa gratitude e preocupoume a súa vellez, porque coidaba que era unha obriga nosa que tivesen un retiro con decencia. Cando soupen que gozaban dunha residencia e coidados, sentinme máis liberado.

Mondoñedo é unha cidade sen tempo, cecais, máis que camiñar pasee sen presa, co reloxo a piques de varar. A néboa, que tantos problemas da no alto do Fiuco, sempre foi nosa e non digamos a choiva. Patrimonio natural da “nosa” Galicia. Por entón, ambalas dúas, néboa e choiva, xogaban o cambeo de garda, e o sol, que sempre se dixo que existía, cecais deixaba caer unha raiola á primeiras horas do serán. A Paula, isa xigante campá de bronce saída das Terras de Miranda, e no que algúns oen os queixumes de Dona Xinebra, érguese, coa dignidade real, no curuto da Catedral. As malas linguas din que é folgazana. A mais moi sibarita. Só traballa días señalados.

Mondoñedo ten o ar máxico dos soños, e sendo así , ven sendo un mar de cantería onde os magos beben no pozo do maxín. Ali, silandeiro, cal mestre de ceremonias, o seu fillo máis ilustre Cunqueiro, ollando a vida, recordará que un día escribeu : ” Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”. E nós, seminaristas de Mondoñedo, pregamos: polos séculos e séculos, amén. Grazas, Mestre.

Mondoñedo é tamén a patria de Leiras Pulpeiro, Noriega, Pascual Veiga, Lence Santar, o Dr. Cabanela (pai e fillo), o virólogo Eirós Bouza, Mauro Leivas, Marina Mayoral, Antonio Reigosa, Armando Requeixo e o noso compañeiro Antón Meilán. Alí fixeron país os artistas Vizoso, Puchades, Artega... e a persoa máis querido polos seminaristas, o noso particular "santo" profesor D. Jaime Cabot.

Alí foi onde Merlín falou conmigo e me confesou que os seus devanceiros eran de Cabanas, no Vicedo. Aquela é a terra onde o pan sabe a pan e un recorda que existeu. Mondoñedo é unha fraga de silenzo en oración a unha Virxen dos Remedios tan afamada como amorosa dos necesitados. Mondoñedo presume de alameda, parada e fonda de romeiros, que acuden vela Santiña e as súas feiras e festas e as incomparables san Lucas. Aínda langreo polo pan de cornos.

O resto do ano Mondoñedo é arte do silenzo onde o poeta soña con vieros solidarios, con xigantes que viven no Padornelo argallando xuntanzas de loita para trocalo mundo... Mondoñedo é antesala onde o corazón acouga a dor e apreixoa ás vellliñas e curiñas en procesión, cal Santa Compaña, camiño do camposanto.

Máis por entón Mondoñedo era leda e gozaba de outras comodidades vilegas coma médicos, hospital (famoso o de Cabanela), non sei cantas panaderías (riquísimo o pan de Mondoñedo), bancos, bares, comercios, Casino, salas de xogos, a famosa barbeiría do Pallarego (morreu no 64), supoño que restaurantes, afamadas feiras... Todo ó carón do Masma, que silandeiro, paseniño, acouga en Foz.

Alí, nise Mondoñedo, xa estaba o noso futuro de curiñas ata rematar a carreira, aínda que a viramos lonxe. Aquelo era outra cousa, non o vello mosteiro de Lourenzá. Non, que naide se ofenda, pois Vilanova e a igrexa de Lourenzá eran moi fermosas, e da pouca xente que coñocimos, tamén gardo fermosos recordos. Mondoñedo, sen embargo, tiña un seminario moito máis moderno con relación ó vello mosteiro que rematábamos de deixar.

PROFESORES, PRECEPTORES E AXUDANTES
Lourenzá está ligada basicamente na miña memoria a tres persoaxes singulares: D. Xosé María Puente, D. César Chavarria e D. Francisco Ron. O resto de preceptores e profesores misturanse porque sei que algúns estaban connosco en Lourenzá e logo pasaron a Mondoñedo, caso de D. Honorio e creo que D. Manuel Roca. Supoño que habría máis: D. Pepe?, Caramés?

D. XOSÉ MARÍA PUENTE MARTÍNEZ era o rector de Lourenzá e iso sabíase desde o primeiro intre. A il presentoume miña mai na chegada. Marcaba territorio e viase que era moi recto. Tiña un defeuto físico, que era unha coxeira marcada, cun zapatón que chirriaba ó camiñar e nos servía de alarma cando o oiamos polos vellos pasillos do mosteiro. Dábanos crase de Latín e Ortografía. A mín recordábame,´polo pelo ensortillado, no maxin de neno, o Sagrado Corazón de Xesus da miña parroquia, que tempo andando, sirve de patrón da Cofradía dos de fóra.
De D. Xosé María, soupemos fai pouco, que fora capitán do exército franquista na Guerra Incivil.

D. CÉSAR CHEVARRÍA PACIO era o párroco de Lourenzá e viña a darnos crases de Lengua e Literatura castelán. Para mín era un verdadeiro especialista no Quixote e desmenuzaba a sintaxis cunha precisión crarísima. No meu traballo posterior foronme mui utis oseu ensino. Tiña unha xesticulación cracteristiuca e unha uña longa que nos chamaba moito a atención.

D. FRANCISCO RON SÁNCHEZ. Só sabíamos dil que era o coaxutor de Lourenzá e que nos daba crase de Xeografía e coido que tamén Historia Sagrada. As súas crases eran un cachondeo onde os nenos abusan dos maiores que non queren impoñer métodos disciplinarios máís drásticos. Digan os novos educadores o que queiran, os nenos abusan moito dos mestres que son tan bós coma D. Francisco. Con aquel comportamento de pequenos cabróns que somos as veces, aprendín que os cachorros de homes somos, se nos deixan, pequenos dictadores. Daquela continua mofa dun Home recordei sempre a sufrida por Cristo.
Pasados os anos, D. Francisco era unha figura emblemática na praza de Lourenzá e grazas ó traballo de Paco Conde, Anxo Currás, Ramil, Seixas, Xesus Bouza, Carballo e outros compañeiros soupemos dos eus sofrimentos e persecucións sofridos por ser simpatizante da causa republicana, e dicir, do Goberno Lexitimo por aquel tempo. Certos comportamentos e aldraxes son agora, coa perspectiva histórica, entendidos, que non compartidos, moito mellor. Os nosos compañeiros organizáronlle en Lourenzá un homenaxe popular e publicaron un libro coa súa andaina. (D. FRANCISCO RON SÁNCHEZ, sacerdote repúblicano). Grazas, desde aquí polo voso esforzo e gratitude, extensible a Penelas (Del Río Ferro) polo agasallo.

Alí, en Lourenzá, estaban tamén os preceptores que, como é de supoñer, eran os verdadeiros educadores nosos pois eles pasaban todo o tempono labor. Como cada un ten os seus recordos, eu sinto especial agarimo por D. Honorio, D. Manuel Roca, D. Pepe, D. Ánxel Paz Gómez, D. Enrique Blanco Pico, D. Xosé Caramés... Son persoas que estásn vencelladas no corazón e que compartiron connosco os tempos de seminario. É tal a distancia temporal (sesenta anos) que non son capaz de ubicalos se en Lourenzá ou en Mondoñedo. Teño flases, como a lesión no ollo de D. Honorio en Lourenzá. Vinno moitas veces e co ollo tapado, ou a Blanco Pico facéndonos revisión de uñas no dormitorio de Mondoñedo; pero por exemplo a D. Pepe, estando tan perto de nós, non o ubico en Lourenzá. Como non esquezo cousas coma a eliminación do Barcelona diante o Benfica na final da copa de Europa. Acordome ata da radio.

Dito isto, vou intentar escribir unha minisemblanza de cada profesor ou preceptor que recordo. Eso sí, sen orde algún.

D. UXIO GARCÍA AMOR por entón era o noso profesor de Literatura. Home poeta, sempre namorado da Virxen (con libros publicados) hoxe párroco emérito de Vilaba, é Prelado do Papa, Chairego de Honra... O Correo Galego connsiderouno Como o "sacerdote más egregio de Galicia" (24/11/2012).O seu labor é extensísimo. Falar de D. Uxio en Galicia hoxe é saber a inconmesurable labor que fixo alí por onde andivo, xa fose no plano musical -onde din que tén unha formación profundísima- coma en Cáritas. Persoas de diversa indole e condición coinciden na súa gran valía e goza entre moitos de ser candidato a santo. O meu voto teno sen dubida. Neste intre o Coordinador de Galicia dixital e alma mater de moitos eventos culturais da nosa zona, Xulio Xiz, está a montar unha sorpresa de homenaxe a tan senlleiro Home e como non podía ser de outro xeito colaboramos moitos curas e ex seminaristas.

D. RICARDO PENA DOMÍNGUEZ, profesor de Historia, quen despois foi párroco dos Remedios e primeiro cronista oficial de Burela. Escribeu "Burela. Apunte históricos y crónica de siglo XX".
De D. Ricardo xa escribín en algunha ocasión, pois foi a primeira persoa que nos falou de Historia con maiúscula. Certo que fundamentalmente dábamos a Historia antigua, pero daba xenio escoitalo.

Fará corenta anos atopámonos en Toledo, onde o seu sobriño, Antonio Rodríguez Pena, Felpeto, meu cuñado e outra xente tiñan organizada a Peña galega de Toledo. Houbera unha festa rachada con callos e empanadas, onde e D. Ricardo dixo a misa e despois disfrutamos doas gaitas do Centro galego de Madrid.

D. JOSÉ CASCUDO GARCÍA, profesor de Ciencias ou Física. A imaxe que teño dil é a dun home pequeño e que gardaba certo ar de revuleiro. Soupemos despois que publicou naqueles tempos "Nociones de agricultura", "Nociones de Anatomía" e "Nociones de Fisiología e Higiene". O noso compañeiro Félix Villares Mouteira recolle, no seu magnífico libro "Un alpendre de sombras e luar", algunhas das súas poesías, que o meu ver, son moi dignas.

D. EDELMIRO BASCUAS LÓPEZ profesor de Francés e Grego. Tiña sona do intelectual que era. Xa secularizado traballou como catedrático en Valencia e a Coruña. Lingüista e teólogo ten unha ampla traiectoria como autor de libros e artigos do seu labor. Máis informacíón en Google.

D. JAIME CABOT BUJOSA, profesor de Matemáticas. Cecais o seu traballo como profesor quede solapado pola súa enseñanza de amor ós necesitados e as súas virtudes como organista. Hoxe é, para moitos de nós, un home que merece a consideración de santo. Fama que se extende polo contorno de Mondoñedo e nas persoas que o coñocímos persoalmente. Coido que algún intento houbo de pedi-la súa beatificación. O meu voto, tamén o ten. Hoxe forma parte da lenda de Mondoñedo por isa caridade sen límite e o amor ós necesitados. Son faros eternos da nosa ialma, inesquecible acicate para a xenerosidade.

Non recordo ben quenes nos daban as outras clases. Só sei que D. Honorio deume relixión por anécdotas persoais, Teño unha moi vaga idea de que D. Francisco Fanego tiña moita sona co latín, e que era moi maior, o que a algúns servialles para tirar unha bufanda ou cousas parellas para montar barullo.

Quen nos dese latín non faltaba, pois ó acabar o menor podíamos falar nil. Non embargantes, o francés e o grego comenzábase en quinto. Salimos ben formados en humanidades, e de feito nelas non tiñamos problemas nos posteriores estudos, máis en ciencias, a maioría, íamos floxos.

Alí tamén viñan a darnos crases de música, ou algunhas outras, alumnos do maior, xa a piques de rematar a carreira. Eran xente moi disposta para o ensino e con ganas de facer boas migas con nós. García Cendán, Hixinio... facianos reir Carballo coa súa maxia nas festas e o seu movemento dos dedos que era moi simpático.

Pero quenes estaban todo o día con nós eran os preceptores:

D. JOSÉ MARÍA LÓPEZ LÓPEZ (D. PEPE) Coido xa estivera en Lourenzá con nós. Gozaba fama de ser o cura máis novo e que lograra a ordenación porque era moi intelixente. A dedicartoria diste artigo é para il porque supón o meu vencello, xunto lóxicamente con FÉLIX VILLARES, pero FÉLIX non conta nisto porque o de Belesar é dos nosos compañeiros de estudos no Seminario. D. Pepe sigue aí, fiel á Terra, Fazouro por medio, e a Mondoñedo. Sempre disposto para o que necesitemos,sempre agradecendo, co amplo sorriso e a bonhomía que sempre amosou, calquer visita. Querémonos moito e sei que disfruta cos éxitos de cada un de nós. Os meus, Meu bó D. Pepe, sonlle entrecomillados, porque só son fes de vida, mais o agarimo agradécese sempre.

D. HONORIO ESTEBAN MAYORDOMO tamén estivera en Lourenzá con nós. Falaba o castelán co acento do seu Aranda del Duero -o nomeamento do novo Obispo, que sexa benvido, recordoume a mesma procedencia- e gostaba moito de xogar con nós ó fútbol. Deixo para outra ocasión a lesión dun ollo que fora grave. Era un bó home, e mantiven con il unha relación persoal moi máis forte que con ningún. Cecais o motivo era que o meu comportamento faciaao descrer. Non facía carreira de mín nin castigándome sen xugar ó futbol unha semana, nin nada parecido. Eu sabía que, cando me chamaba ó seu despacho, era o preparatorio para a bronca e despois perdoarme os castigos. Pasados os anos, entreime que estivera bastante tempo en Ribadeo de coadxutor. Mágoa que non nos volvésemos a ver. Son persoas que levamos marcadas a ferro de agarimo no seo.

D. MANUEL ROCA FERREIRO. O de San Juan de Alba era moi intelixente, igoal que seu irmao Pepe, e como educador sempre podía botarche unha labazada sonora, que che facía entrar en razón. Non, non son eu rencoroso nise aspecto porque, o sistema educativo de entón e moi tempo despois, estaba artellado así. Sempre me fixei que, cando me miraba por riba das gafas cun sorriso, xa o entendía... e estudaba. Era unha bellísima persoa e curiosamente, cós anos foi párroco de Galdo (Viveiro), a miña terra de adopción, pois tempo andado, alí nos casou D. Enrique Cal Pardo.
Pois ben, os meus estudos de Ontoloxia e Filosofía de Maxisterio, xa con dazaoito anos, débenlle a D. Manuel moita gratitude. Casualidades da vida permitironme gozar do seu ensino e sempre sentín por il un cariño especial.

D. ÁNXO PAZ GÓMEZ, era outro sorrinte educador. Tamén con fama de moi intelixente. Non recordo nada especial do Seminario, pero sí a súa bondade. Nos primeiros dos anos sestenta, organizando as festas de Viveiro, atopeino, camiño da súa Irixoa natal, sendo il Vicario da diócese, e pedinlle unha misa polos emigrantes para aqueles días. Dito e feito. Portouse conmigo estupendamente. Xa moito mais recentemente, tamén lle solicitei axilizar os estatutos da Cofradía do Nazareno dos de Fóra de Viveiro e il os desatascou. Grazas, D. Ánxel sei que tamén está cos seus homónimos. Agora disfruto da amistade de seus primos.

Continuará ...
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES