Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (4)

miércoles, 28 de julio de 2021
AUTORES: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (4)
4. CRUCES DA IGREXA.
4.1. CRUZ DO ADRO DA IGREXA.
COORDENADAS U.T.M.
X: 625.810.65 / Y: 4.746.755.13
Está situada no adro da igrexa parroquial, apoiada nun muro, que serve de delimitación do adro do espazo exterior da igrexa. Por detrás da cruz encontrase a fachada da igrexa parroquial.
Nas súas orixes esta cruz é probable que tivese unha orixe funeraria mais no intre actual é mester catalogala polo seu carácter autónomo.
Está composta dos seguintes elementos nunha orde ascendente:
Unha base composta de dous tramos: o tramo inferior, é paralelepípedo; e o superior, amosa unha moldura cóncava a xeito de caveto. A base serve de soporte a unha cruz latina, que mostra en ambos os dous brazos un acanalamento cruciforme. Os flancos inferiores do brazo lonxitudinal mostran molduras cóncavo-convecas a xeito de golas. Ademais, os catro ángulos que xorden da intersección de ambos os dous brazos -o lonxitudinal e o transversal, presenta unha decoración a base de molduras cóncavas ou cavetos, que imitan a un enfeite estrelado.

4.2. CRUZ DA FACHADA DA IGREXA
COORDENADAS U.T.M.
X: 625.817,77 /Y: 4.746.762.78
É unha cruz latina, de ferro, posiblemente de orixe funeraria, que está adosada ao muro lateral dereito da igrexa parroquial.
Nunha orde ascendente mostra os seguintes motivos decorativos:
1º. No pé da cruz hai dúas pequenas cruces latinas, de ferro, sobre as que se alza unha ornamentación xeométrica, reflectida nunha serie de molduras cóncavas de media cana e, tamén, en volutas.
2º. Por riba, hai unha decoración xeométrica cuadrangular con biseis nos seus ángulos, formando unhas molduras cóncavas en caveto.
3º. Os remates dos brazos da cruz amosan formas trevoadas, acabando as inferiores en pequenas espirais ou volutas.
4º. Os ángulos, que xorden da intersección dos brazos da cruz, amosan unha decoración estrelada.
5º. Finalmente, a cruz sustenta unha pequena efixie metálica de Cristo, de cor branco, que amosa os seguintes trazos: a súa cabeza está inclinada ao lado esquerdo; as mans permanecen abertas e os seus brazos están extendido na cruz en forma de V; o perizoma está anoado no lado esquerdo; e as pernas lixeiramente flexionadas mostran o pé dereito sobre o esquerdo.


4.3. CRUZ DO ADRO DA IGREXA
COORDENADAS U.T.M.
X: 625.838 /Y: 4.746.766

Trátase dunha cruz latina, granítica, probablemente de orixe funeraria. Está situada ao carón do muro lateral esquerdo, que separa o adro da igrexa parroquial -onde, tamén, se encontra o cemiterio- do espazo exterior ao mesmo.

Consta dunha base monolítica, de forma semiesférica, que amosa unha ornamentación empedrada de maneira desigual. Sobre a base érguese unha cruz latina, de forma cilíndrica en ambos os dous brazos, que presenta unha decoración a xeito de gromos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES