Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (3)

miércoles, 21 de julio de 2021
AUTORES: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.

V. PARROQUIA DE MOSCÁN
1. CRUZ DE RECONCO
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (3) Neste lugar, pertencente á parroquia de Cela, municipio de O Corgo, hai unha cruz que pertence actualmente a "Casa Losada", e que hai uns cincuenta anos pertencía a "Agrupación de Montes de Moscán" (O Páramo). A finalidade dos vecinos de Moscán e volvela a traer ao seu antiguo emprazamento.
Esta cruz está colocada por riba dunha pena granítica e consta dunha base irregular, que ten unha fenda nunha das súas caras; esta serve de sostén a unha cruz latina, rústica, de sección cuadrangular en ambos os dous brazos.

2. CRUCEIRO DA "CASA DAS HORAS PERDIDAS".
COORDENADAS U.T.M. ORIENTACIÓN. SW-NE.
X: 625.702 / Y. 4.745.428
Está situado no lugar de Albaredo (Moscán) ao carón da "Casa das Horas Perdidas", actualmente parte posterior. No dintel da porta de entrada -hoxe parte posterior- hai unha inscrición na que se le o ano no que foi construida esta casa: "ANO HS DE 1870".
Este cruceiro, é propiedade de Francisco José López López, descendente dos antiguos propietarios da devandita casa, reconvertida na actualidade nunha "Casa de turismo rural". Foi construído hai uns vinte anos por un antiguo discípulo de Mallo na localidade de Lalín (Pontevedra). Consta dos seguintes elementos:
Unha plataforma granítica, composta de dous chanzos de forma paralelepípeda. Esta serve de soporte a unha base monolítica, granítica de dous tramos: o inferior, paralelepípedo; e o superior, formado por un "cuarto caveto" (moldura cóncava). Sobre a base érguese un fuste monolítico, de sección cuadrangular no tramo inferior e nunha pequena parte do tramo medio, e oitavado no resto. Un colariño separa o fuste do capitel, que nunha orde descendente está formado dun pequeno corpo poliédrico cuadrangular, a xeito dunha moldura de listel ou filete; logo, un tramo troncocónico invertido cunha ornamentación a base de volutas por baixo de cada unha das arestas do pequeno corpo poliédrico, e unhas vieiras colocadas entre as volutas. Como remate, unha cruz, de sección oitavada en ambos os dous brazos. O anverso amosa, baixo unha cartela coa inscrición: INRI, unha efixie de Cristo cos seguintes trazos: a cabeza está inclinada ao lado dereito; os brazos forman unha lixeira V e as mans permanecen abertas; o perizoma, está anoado ao lado dereito; o seu lombo e as súas costas están separados da cruz; as pernas están lixeiramente flexionadas e mostran o pé esquerdo sobre o dereito e ambos os dous sobre un supedáneo. O revero mostra unha efixie da Virxe, cuberta cun manto e nunha actitude orante.

3. CRUCEIRO DA "CASA DA VILA".
COORDENADAS U.T.M. ORIENTACIÓN. SW-NE.
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (3) X: 655.668 / Y: 4.747.089
Este cruceiro é propiedade de Dª Concepción, da "Casa da Vila". Foi un agasallo dun veciño da parroquia, nomeado Manuel do Castro. Está situado no patio interior da "Casa da Vila" e componse das seguintes pezas:
Unha plataforma granítica, formada por dous chanzos triangulares truncados nos vértices das arestas. Esta serve de soporte a unha base monolítica, granítica, formada por dous corpos: o inferior, paralelepípedo; e o superior, troncopiramidal. A base prolóngase nun fuste, de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. Este serve de apoio a un capitel clásico, moldurado. Así, nunha orde descendente distinguimos as seguintes molduras: un filete ou listel; un cuarto bocel (moldura convexa); un cuarto caveto (moldura cóncava), e un filete. Finalmente, unha cruz, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os extremos dos brazos teñen forma de cruz potenzada. O anverso, amosa, baixo unha cartela sen inscrición, unha efixie de Cristo coas seguintes peculiaridades: unha coroa de espiñas na cabeza, lixeiramente inclinada ao lado dereito; os brazos forman unha lixeira V e as mans permanecen abertas; o perizoma está anoado ao lado dereito; as pernas están lixeiramente flexionadas e o pé esquerdo está por riba do dereito e ambos os dous sobre un supedáneo. O reverso presenta unha efixie da Virxe, cuberta cun manto e nunha actitude orante.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES