Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sen burga en Baños de Molgas

viernes, 16 de julio de 2021
Alguén me dixo que secara a burga de Baños de Molgas. "Hai cinco días que secou a burga", me dixeron. Mirei ó tipiño de esguello porque non o cría. Como ía secar co tempo que temos!, pensei. A burga! A miña burga! A nosa burga! Tan só se vira apurada no famoso terremoto de Lisboa, alá polo 1755, e como ía secar agora se case non temos verán! Non obstante, comuniquei cun veciño e confirmoume esa mala nova. É máis, incluso xa sacaran ó san Salvador en procesión polas rúas molguesas, a ver se Pingas de Orballo: Sen burga en Baños de Molgasel era quen de que Baños de Molgas volvese á normalidade. Porque Baños de Molgas sen a burga non é Baños de Molgas.
Nunha arroutada, collín ó Pancracio e presenteime alá. Polo camiño recoñezo que pensei na ridiculez da miña viaxe. Que ía solucionar eu? Como non lle soprase ó cano... Porén, baixei as escaleiras da burga cunha certa agonía no peito. Efectivamente, non botaba pinga de auga. Tiña que ser cousa do demo que non saíse nada por alí cando, na realidade, botaba de continuo un bo cachón. Sobre o cano vin algo verde, coma se fose sangue doutro planeta. Empecei a entender. Así é que usei unha linguaxe que eu mesmo non coñecía pero que sabía que me entendería co meu amigo o alieníxena. Nun santiamén asomou a súa cabeza, ó mesmo tempo que no cano xa se formaran uns regueiriños de auga. Resulta que o alieníxena, ó entrar na nosa atmosfera, pasou tanto frío que se acubillou baixo os case 50 graos da auga da burga para entrar en calor. Axiña lle pediu perdón a toda a vila e ó san Salvador.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES