Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cadrar o asunto

miércoles, 14 de julio de 2021
Deille unha volta ó asunto e púxeno patas arriba. Ó dereito vía eu ben que non cadraba. Cando algo non cadra hai que darlle voltas e reviravoltas para que asente como ten que asentar. Por veces, hai cousas ou asuntos que non cadran nunca. Tampouco é plan, entón, de darse golpes contra as paredes. Polo buraco dun rato non podes meter todo un armario. Tampouco podes comparar o outeiro dunha toupeira co Himalaia, ou coa serra de San Mamede. Non obstante, as máis das veces sigo erre que erre (mellor, Pingas de Orballo: Cadrar o asuntodálle que dálle), pois aínda que son dos que razoo ben e con calma, tamén é verdade que son testán. E se teño que buscarlle tres pés ó gato, empezo a contar desde cinco para atrás. Porque a miña intención, e logo de darlle mil voltas, é a de seguir cadrando ou asentando o asunto.
Non consigo cadrar as decisións dos concelleiros do PP de Ourense. Primeiro marcharon e en dez meses volveron. Por que marcharon? Por que volveron? Tan só me cadra o asunto da bicoca, de vivir da bicoca. Visto así o razoamento, entendo que tal asunto non precisa poñelo patas arriba. A solución é sinxela: a cobiza do poder é unha sombra que se alonga, que se alonga. Pero, realmente, tal asunto político non me preocupa moito, xa que teño o do primeiro parágrafo que non me cadra. E empezo a afogar de ansiedade; como se me metera nas profundidades dunha lagoa ou como se me cegara o sol ó contemplalo desde un balcón. Mellor entón deixar pasar todo e xa cadrará. Se quere.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES