Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (2)

miércoles, 14 de julio de 2021
AUTORES: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.

III. PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE GONDRAME.
1. RESTOS DUN VIACRUCIS.
COORDENADAS U.T.M.
X: 616.161 / Y: 4.741.508
Por riba do muro, que delimita o adro da igrexa parroquial do exterior, hai restos importantes dun Viacrucis, que se concretiza na conservación de 11 cruces; outra caída nunha finca situada ao carón do muro; outra, conservada parcialmente na base e na parte inferior do brazo lonxitudinal; e, finalmente, outra desaparecida.
O prototipo destas cruces amosa unha base de dous corpos: o inferior, paralelepípedo; e Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (2)o superior, tendente a unha estrutura troncopiramidal mais coas arestas inferiores un pouco abombadas (redondeadas). Esta prolóngase nunha cruz de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os extremos dos brazos son de forma de cruz potenzada. Algunhas das cruces que se conservan amosan na súa estrutura algúns deterioros, principalmente na base.

2. CRUCEIRO DE GONDRAME.
COORDENADAS U.T.M.
X: 616.038 / Y: 4.741.474
Está situado nun cruzamento viario e preto da igrexa parroquial. O día 15 de Agosto, festividade da Asunción, conmemórase nesta parroquia a súa festividade patroal. Por tal motivo, o párroco concelebra unha misa solemne e, logo, ao rematar este oficio relixioso, os veciños sacan en procesión a imaxe mariana e a outra imaxe sacra e van ata o cruceiro, onde dan unha volta ao redor para retornar posteriormente á igrexa. Nesta data, os veciños da comunidade ornamentan con flores a parte inferior do fuste e a cruz do cruceiro.
A nivel artístico, o cruceiro está composto dos seguintes elementos:
Unha plataforma de dous chanzos; o inferior, pizarroso; e o superior, de cantería. Esta serve de soporte a un fuste, monolitico, de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. Vai estreitandose de cara á parte superior e amosa alguna pequena fenda e, tamén, algunhas restauración de cemento. O fuste serve de sostén a un capitel moldurado, que nunha orde descendente amosa os seguintes tramos: unha peza cuadrangular a xeito de filete; logo, algunha moldura cóncava, a xeito de "caveto ou nacela"; tamén, convexa, a xeito de "cuarto bocel"; finalmente, un colariño, e unha moldura en bocel. O capitel serve de apoio a unha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os extremos dos seus brazos son de forma de cruz florenzada.

IV. PARROQUIA DE SAN VICENTE DE GONDRAME.
1. CRUCES MISIONAIS
COORDENADAS U.T.M.
X: 616.965 / Y: 4.742.112.
Na fachada da igrexa parroquial hai dúas cruces de misión.
1.1. Unha delas está situada no centro da fachada e por riba do arco superior da porta de entrada á igrexa parroquial.
É de forma latina, de mármore e con formas trevoadas nos extremos de ambos os dous brazos.
No tramo superior do brazo lonxitudinal lese a inscrición "JHS". Por riba da letra "H" hai unha pequena cruz latina. Na parte media e inferior deste mesmo brazo lese a seguinte inscrición "P.P. / DE LA / COMPAÑÍA / DE / JESÚS / MAIO / 1927".
O brazo transversal amosa a inscrición: "SANTA MISIÓN".
1.2. A outra cruz misional está colocada no flanco esquerdo da fachada da igrexa Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (2)parroquial. Trátase, tamén, dunha cruz latina, de mármore. Os extremos de ambos os dous brazos amosan tramos rectos e moldurados, rematando nunhas formas triangulares.
O brazo transversal mostra o epígrafe: "SANTA MISIÓN".
O brazo lonxitudinal amosa no seu tramo superior a inscrición: "JHS". Por riba da letra "H" hai unha pequena cruz latina. O tramo medio mosrtra nun sentido oblicuo e de esquerda á dereita a lenda: "P.P. JESUITAS". O tramo inferior amosa a data de celebración da misión: "25-Mayo-1947".

2. RESTOS DUN VIACRUCIS.
COORDENADAS U.T.M.
X: 616.988 / Y: 4.742.113.
Por riba do muro, que delimita o adro da igrexa do exterior, hai restos dun Viacrucis, reflectido na conservación de dúas cruces de cantería e dunha parcial.
Unha delas, situada por riba do muro que da fronte á fachada e ao carón da porta de acceso ao adro da igrexa, posúe os seguintes trazos nunha orde ascendente:
Unha base paralelepípeda; logo, unha moldura en filete da que arrinca unha cruz latina, que amosa unha sección cuadrangular e os extremos dos brazos en forma de cruz potenzada.
A outra cruz está emprazada tamén por riba do muro mais situada no flanco esquerdo á igrexa. Mostra as seguintes pecualiaridades nunha orde ascendente:
Unha base paralelepípeda, que serve de sostén a unha molduración cóncavo-convexa ou gola sobre a que se ergue unha cruz latina, de sección cuadrangular.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES