Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cultura e sustentabilidade

miércoles, 14 de julio de 2021
O xoves pasado fomos convidados polo Consello da Cultura Galega a un debate sobre "Cultura e sustentabilidade" en Monterroso xunto a Adrián Gallero de Agrocuir e Begoña de Bernardo da Rede Galega de Sementes, moderados polo investigador Fran Quiroga, autor dun manifesto que anuncia novos tempos para a relación entre a xestión da nosa sociedade e a biodiversidade da natureza. O lugar do encontro xa era moi suxerente: o Campo da Feira, cando en tantas vilas e aldeas aniquilaron estes espazos con toneladas de alcatrán, afogando as raíces dunhas árbores que apuntan cara á luz para seguir soñando con novos horizontes de saúde para o comunal. Así, desfrutamos da fervenza de asociacións e colectivos que abrollaron neste eido da Ulloa. A cultura non é unha posta en escea trasnochada, pola contra brindanos ferramentas para amañar os problemas de cada día dende unha ollada arraizada na igoaldade e na sostenibilidade, xa que se asenta no recoñecemento e coservación do noso patrimonio e na diversidade da Nai Terra que acubilla a pluralidade inmensa das criaturas. Monterroso prestoume a oportunidade de suliñar con emoción a sabedoría das nosas mulleres e homes labregos axeitando a súa economía aos ciclos da natureza, sabedores de que un desenvolvemento humano ilimitado e irracional non pode manipular á terra nai para o seu proveito económico... Os nosos devanceiros eran sanadores na súa convivencia, emporiso alongaron a vida de montes, humidais, praderías... A cultura ten que ser o corazón dos nosos vencellos coma veciñanza, sobre todo no rural, e así denunciamos a marxinación que sofren as asociacións culturais e xuvenís que manteñen a cotío a enerxía do noso, fronte aos macroeventos das cidades que chupan a meirande parte dos presupostos. Así Pardiñas apostou polo espírito comunal das romaxes galegas comparandoas con outras celebracións máis masificadas e impersoais, berrando: "somos un pobo de artistas". E provocando a iniciativa creativa e inclusiva das e dos festivaleiros en harmonía coas súas carballeiras. Compre contaxiar a todas e todos do sentido benefactor que os nosos devanceiros deron ao seu labor: traballar e divertirse sentindose comunidade, integrando a diversidade dos veciños no ben común, multiplicando así os recursos pero tamén a saúde.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES