Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reciprocidade

jueves, 15 de julio de 2021
A reciprocidade e máis o agradecemento van collidos da man.
Deberían ser algo tan natural como respirar para poder disfrutar plenamente deste regalo divino, que é a VIDA.

¡QUE ALEGRÍA TAN GRANDE!
-Encontrarse con esposos que se aman mutuamente por días de vida:
Cando nos encontramos con matrimonios que na súa ancianidade din con satisfacción e orgullo: "levamos cincuenta anos xuntos...".
Cando os matrimonios celebran cunha gran festa e incluso cunha misa as vodas de prata, de outro ou as de palatino...
Esas persoas demostran que o AMOR RECÍPROCO ademáis de ser posible é enriquecedor para a familia, en particular, e para a sociedade en xeral.
¡Que escola tan boa para os fillos, para os netos, para os biznetos...!
¡Que exemplo para a sociedade en xeral!

-Encontrarse con irmáns que se queren e se apoian:
De solteiros, de casados, mentres viven os pais, despois do pasamento dos país...
Que cando algún enferma, están os outros todos volcados no que máis axuda necesita.
Que se algún recibe un golpe duro na vida, os outros están aí para acompañar e apoiar...
Hai irmáns así. SON OS AUTÉNTICOS IRMÁNS.

-Encontrarse con veciños ben levados:
Que comparten vivencias.
Que están dispostos a botar unha man cando a necesitan.
Que non reparan á hora de tomar acordos que van ben para todos.

-Encontarse con amigos para toda a vida:
Que se coñecen desde nenos ou que se encontraron indo de camiño.
Que se levan no recordo aínda que cada un colla un camiño diferente.
Que se felicitan polas festas onomásticas, polos cumpreanos e por tódolos acontecementos positivos.
Que celebrana os éxitos mutuos.
Que poñen un día para encontrarse de vez en cando.
Que se visitan cando algún cae enfermo.
Que están aí para o que poidan ser útiles.
Que che ofrecen á súa casa para pasar uns días ou para o que precises.
Eses son os AMIGOS DE VERDADE.
Son un tesouro de valor incalculable.
Ter amigos así é un luxo verdadeiro.

-Encontrarse compañeiros de traballo:
Que comparten os seus coñecementos.
Que se fan a vida agradable.
Que alegran a vida tódolos días.
Que convidan a amar o que se fai.
Que nunca poñen atrancos.
Que ademáis de ser bos profesionais son bos compañeiros de fatigas.

-Encontrarse con persoas anónimas:
Que aparecen polo camiño da vida e son de gran axuda en todo momento.
Persoas que alegran a vida no mundo do espectáculo.
Axentes da seguridade que velan pola nosa seguridade
Persoas boas en calquera lugar e circunstancia.
Porque son moi boas persoas.
Este tipo de persoas demostran que A BONDADE EXISTE E HAI MOITAS PERSOAS QUE A PRACTICAN.
Sabemos que esas persoas son boas porque son a antítese doutras que tan só viven para alimentar o seu ego.
Trátase de cultivar o ALTRUÍSMO.

"CULTIVANDO ALTRUÍSMO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa bondade e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES