Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galegos urbanitas

martes, 08 de julio de 2008
Cando se fala de Galicia, tense en conta que ten o maior número de núcleos habitados de todas as comunidades do Estado, que a poboación está tremendamente dispersa, que somos eminentemente rurais por tradición e na realidade.

E sen embargo resulta que o trinta e cinco por cento dos galegos residimos xa en algunha das sete cidades máis importantes do país, co que o mito do rural haberá que empezar a cuestionalo porque a realidade vense imponiendo, xa que ademáis desas sete cidades hai medio cento de poboacións importantes que desnivelan profundamente o equilibrio que se coidaba existía entre o rural e o urbano.

A cifra de nados en Galicia no 2007 é tamén expresiva, xa que as sete cidades, co trinta e cinco por cento da poboación, rexistraron o corenta e sete por cento dos nacementos. Os novos galegos son na súa maioría urbanos.

Para as administracións, atender o urbano e moito máis doado ca o rural; proporcionar servicios ás grandes entidades de poboación é moito máis rendible no aspecto económico-político que facelo a vivendas rurais espalladas que esixen moito maior investimento, planificación e esforzo.

E sen embargo, concentrarse nas entidades urbanas, dereito inalienable para quen o desexe, é un erro porque supón abandoar amplas zonas dunha xeografía que se veu tremendamente agredida nos anos sesenta e setenta con abandonos masivos para subministrar man de obra barata e necesaria ós núcleos de poboación en crecemento progresivo.

Cada vez temos máis urbanitas, e polo tanto cada vez somos menos no rural. Se esto fose froito dun estudio reflexivo, seguro que estaba ben. Pero esto é unha total improvisación, froito da tendencia irreflexiva dos que pensan que a cidade é progreso e atraso o campo. E ninguén nos fala da situación, de solucións e de futuro. Calados todos como mortos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES