Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O ancián / O sol no cocote

miércoles, 14 de julio de 2021
O ancián

A soidade, ás veces, consiste en sentar ante unha presa ou unha vaira para escoitar o ruído da auga e coa banda sonora dos grilos e dalgúns paxaros. O ancián está só. O ancián anda cerca ou poida que pase dos 90 anos, e na pel das súas mans asoman ben ás vistas as décadas que viviu. Para máis aquel, leva xa dúas en soidade. Pingas de Orballo: O ancián / O sol no cocoteContempla como cae a auga e imaxina que ve a zapateiros e cabalos do demo sobre o remanso da caída. Imaxina, porque a súa visión xa non é o que era. Por iso agora opta, nos seus paseos, por buscar lugares con ruído, con estrondo, con vida.
O ancián responde ó nome de Secundino Lamelas. Cando responde. Porque tamén a súa audición tampouco é o que era. Aínda así, e a pesar dos seus achaques e da súa soidade, Secundino intenta vivir a vida a base de sorrisos e gargalladas. Non lle importa rir só. Ri agora mesmo ante o salto rocambolesco dun sapo, porque engarrou contra unhas herbas e durante uns instantes quedou co bandullo para arriba. Logo da risa pensou ó momento na soidade da súa casa, que se lle facía sempre enorme. Tiña fillos pero todos estaban lonxe. Ou dicíanlle que estaban lonxe.
Para evitar volver pronto para a súa casa, seguiu un pouco máis ante a presa do Segundo, na zona dos Lamas. Alí era feliz escoitando o boureo da auga ou esperando a rir ante o chouto dun peixe sobre o leito do Arnoia ou ante a presenza dalgún verderolo. E alí quedou ata que se fixo case de noite.

O sol no cocote

Vindo de camiño para a terraza do café pensei que se me daba moito o sol no cocote igual me podía marear. A ver, creo que teño bastante aguante, pero nunca se sabe. Empezo a ter certa idade e a saúde, ás veces, vai ou non vai. Estou moi acostumado a andar baixo o sol, pero... Pero, que carallo, o que é heroe é heroe para todo. Incluso para perdoarlle a vida a un pombo. É que me crucei cun no atallo e, o condenado, non Pingas de Orballo: O ancián / O sol no cocotequería apartar. Era grande, era bonito de raio; pero fíxome fronte. Ademais, coa cabeza ben alta. "A ver, oh, que eu non che fixen mal ningún, non me meto contigo, déixame pasar", así lle dixen. Só moveu a á esquerda un pouco, pero non apartou. Recoñezo que o mirei de mala maneira porque, para máis aquel, o sol seguía pegándome na noca.
Non obstante, e como heroe bondadoso que son (bondadoso ou benévolo, que é o mesmo), fun eu o que apartei subindo polo valado que había á miña esquerda. Iso si, serie heroe bondadoso nos actos físicos (ou benévolo, repito), pero mentalmente deixeille caer catro sentenzas e con xestos e incluso acenos cos que lle quixen demostrar que non lle tiña medo. O malpocado, por esta vez, nin se dignou mirarme. Confeso que sentín vergonza de min mesmo. E foi nese momento cando tamén pensei se non sería o sol que me caía na caluga que me estaba afectando. Ó mellor xa me fervían algo os miolos. Ou o entendemento. Eu que sei...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES