Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mesma acción, distinto criterio

lunes, 12 de julio de 2021
Gústame o deporte. Gozo co fútbol. Pero incluso o deporte, en xeral, e o fútbol, en particular, teñen o seu aquel en cuestións de narracións, de egos e de favoritismos. Xa que unha mesma acción case sempre dá a unha opinión distinta, dependendo de quen narre, de quen conte. Por exemplo, nos lanzamentos de penaltis, por comentar algo que se viviu na Eurocopa que nos acaba de deixar. E como mellor nos entendemos e aclaramos é poñendo sobre este Recuncho os dous partidos nos que a nosa selección tivo que chegar a esa morte súbita ou a esa lotería, como dicimos a maioría.

No partido España-Suíza, o noso porteiro Unai Simón parou dous, que, na fin de contas, foron os que nos deron a clasificación á semifinal. Parounos Unai Simón. Ninguén ou case ninguén dixo que os fallaran Schär e Akanji.

No partido España- Italia, o noso porteiro Unai Simón paroulle un a Manuel Locatelli. Pero (o maldito pero) cando Donnarumma lle parou o penalti a Álvaro Morata, ninguén o dixo así: de que parara Donnarumma, senón que o fallara Morata. Aí está; mesma acción, distinto criterio.

Ademais, para min, nos penaltis, todas as paradas son mérito dos porteiros e non fallos dos dianteiros. Porque cando paran un penalti significa que o balón ía á portería. E indo á portería ía ben tirado, o que pasa é que o porteiro acertou tirándose para ese lado. Se se tira para o outro, entón sería gol, o que significa que non ía tan mal tirado. Así é que ante unha parada dun porteiro nun penalti nunca se debería dicir que o fallou o que o tiraba. E ó revés: se o porteiro non o para foi porque fallou e o lanzador acertou. Polo que nas narracións deberíanse facer constar os dous detalles: o de acertar e fallar.

Aproveito logo para rematar coa Eurocopa. No momento en que escribo isto (sábado) aínda non sei que a ganaría (oxalá fose Italia, porque os outros xa bastante axuda tiveron), pero si confeso que ata agora gocei dela coma un anano e aínda que empecei desconfiando de Luis Enrique, agora mesmo recoñezo que nos deu a todos unha enorme lección. E a min deixoume pampo precisamente nesa eliminatoria contra os italianos. Cando non vin a Morata baixoume a moral porque... quen ía loitar contra os centrais de Italia?

E resulta que Olmo ganoulles a batalla a eses dous mitos sen lles tocar un pelo. Aí Luis Enrique demostroume que tamén sabe adestrar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania