Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Evaristo Lumbreras

martes, 13 de julio de 2021
A Evaristo Lumbreras gustáballe ler pola estrada que vai de Baños de Molgas a Os Milagres. E niso andaba cando o sol caía con forza sobre a zona de Entrelorríos. Cando rematou un capítulo do libro sentou nunha pedra ante o lameiro dun veciño do seu barrio e sorriu ó lembrar o alcume que lle puxeran os veciños molgueses: O Fillo do Pingas de Orballo: Evaristo LumbrerasVento. Porque como Evaristo, a maiores de ser un gran lector, corría moito pensaron que así sería coma unha homenaxe tamén a Carl Lewis. A verdade é que Evaristo Lumbreras corría máis que ninguén, principalmente cando se lanzaba por Sudalomba abaixo. Ás veces corría tanto que non podía coa inercia e non lle quedaba outra que baixar ás boleiradas.
O Fillo do Vento deixou de pensar porque a uns dez metros viu unha perdiz e axiña pensou que ese era o momento de probar a súa velocidade. Botou a correr detrás da perdiz. Esta, a verdade é que se viu apurada. O paxaro meteuse pola pista das Lagoas e chegou a temer pola súa vida. Non obstante, Evaristo soubo ó momento que non conseguiría pillar á perdiz. Correndo e todo, colleu o móbil e chamou a Usain Bolt para que lle botase unha man. Fose por telepatía ou polo que fose, o xamaicano, é dicir, o Lóstrego Bolt xa estaba preparado coas súas zapatillas douradas. Nun visto e non visto, ou mellor aínda, nun airiño cruzou o Formigueiro e Os Piuales e entre os dous acurralaron á pobre perdiz xusto no cruce coas Pedradarcas. Definitivamente, Evaristo Lumbreras xa non é o que era.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES