Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (VII)

viernes, 16 de julio de 2021
Ñ, O e P

Ñ de estrañas percepcións ou paranormais que sempre se relacionan cos contos de vellos arredor de aparecidos, anuncio de morte, Santa Compaña... Andrómenas?, A misteriosa montaña de Pena Negra -o tempo no que ela está dentro e semella non pasar- e adultos), Querido Iván, Cos ollos do avó, Sara (o home que sabe onde está o que se perdeu que é o mesmo que conta e falou coa nai antes de nacer para dicirlle onde estaba o gando que escapara), Habitación 202, O balcón do meu universo. O mundo dos mortos no aquén.

Ñ de Cousiñas pra escola que formou parte da colección “O mundo do neno” de Ediciós do Castro.

Ñ de A misteriosa montaña de Pena Negra. Ilustrado por Cristina Losantos e publicada na colección O trolebús de Casals. Unha historia na que a realidade se mestura cunha fantasía sen límites e no medio dela un vello que supervivente dos fuxidos a causa da guerra civil.

O de outros e outras. Xitanos en A camioneta da media risa, A Maxia da Bóla Metálica e outros contos; a xente do circo (Estela a domadora de ras).
A relación entre os nenos convencionais e estes outros, os que recollo (do primeiro dos libros) como lle bota a lingua el a un que o queda mirando mentres a nai lle avisa de que non ten que relacionarse con eles e como sente que unha nena de carromato llo fai a el cando xa está “adoptado” por mamá Sinda).
O de O Planeta ceboleiro e Os habitantes de Nepecifonilandia textos que acadaron premios na Concurso Nacional d´O Facho e foron publicados en obras colectivas.
O de Cos ollos do avó. Un verdadeiro recurso literario nese título que está cheo da vogal “o”. Ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Embora. Nel mostra a relación entre unha neta e o seu avó. Ela acompáñao cando vai ver a súa aldea, asolagada debaixo dun encoro, e consegue ver o mesmo ca el ata o punto de que pode debuxar ese pobo que desaparecer antes de ela nacer e nel unha muller misteriosa...

P de poesía. É unha querenza que introduce no medio dos relatos e incluso xogando coas rimas tamén na prosa dende o principio. Ademais deses primeiros libros nos que a poesía acompaña aos relatos en prosa, ademais dos libros onde mestura poesía e prosa na mesma obra como Feminino singular en plural, DO RE MI Fantasía, están os seus libros de poesía: Poemas para pintar, Luces, bicos e cores, Macedonia de versos, Oficios e profesións poemas son... e algún que outro conto rimado como A casa de cartón.

P de popular. Nos libros infantís, ao lado do humor está presente a literatura popular: adiviñas, cancións, as rimas aínda na prosa...

P de premios. Conta cos premios Frei Martín Sarmiento en varias ocasións, o Pura e Dora Vázquez, o Arume, o Lecturas, o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, Premio “Anduriña Voandeira” e varios recoñecementos n´O Facho, Merlín, O Barco de Vapor así como o accésit do Lazarillo.

P da praza Concha Blanco, a primeira de Cee con nome de muller.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES