Ante a lacra homófoba
Santalla, Iago - miércoles, 14 de julio de 2021
Non mencionarei porqué fago este artigo porque é obvio e porque ante todo está o respecto, o apoio incondicional a quen sofre e o cumprimento da súa vontade...
Non en tanto, ante a homofobia, é necesario tomar partido illando a aquelas posicións que a defenden. Vencemos a lacra do terrorismo pero agora os "terrores" son outros: o machismo, a xenofobia ou a homofobia son os gumes que hoxe precisan da contundencia do civismo democrático. As súas vítimas piden a berros unha resposta de fronte común.
Quen non estea nesta fronte estará en fronte, é dicir, no incivismo antidemocrático porque, ante a barbarie, non caben equidistancias...
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora