Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberdade vixiada

jueves, 08 de julio de 2021
Para min, que o Presidente Feijóo, estes días, ten que andar deacougado pola postura dos galegos en relación coas malfadadas mascariñas que envolven a nosa expresión desde hai máis dun ano. Seguro que o noso comportamento lle rompe os esquemas.

Porque desde marzo de 2020, os galegos fomos perfectos exemplo de cumprimento das disposicións que a Xunta foi establecendo: Pecharse na casa, que funcionasen só os servizos esenciais, bares pechados, mascariñas aillantes, toque de queda... e todos nós, como unha sóa persoa, seguindo as instrucións no mellor exemplo de civismo que na nosa terra puido contemplarse.

Fóronse abrindo portas, e tímidamente as fomos cruzando; abrironse bares, e volvemos aos ritos sociais; elimínase o toque de queda, pero seguimos pechándonos nos nosos pazos de inverno... E tanto tempo suspirando por eliminar as mascariñas, e cando nos autorian a retiralas no exterior neste que parece tempo de desconto da pandemia e de vacinación masiva..., e nin caso.

Non sei se o apego á mascariña é unha desviación do Síndrome de Estocolmo, por acomodamos á pandemia; se é unha íntima rebeldía, para demostrar que non se nos pode gobernar en todo, ou que non nos fiamos de ninguén neste tempo difícil.

Porque camiñar por Lugo estes días produce unha fonda extrañeza xa que todos os viandantes presumen de mascariña e non a apean para nada, mirando con sospeita aos escasos que ousan quitala. Eu intenteino, pero vendo que era o único desenmascarado, sentín vergoña e volvín colocala, co sentimento de culpa que produce ir en dirección contraria a todos os demais.

Agora que coidei que ia esmorecer o negocio dos fabricantes de mascariñas, vexo que segue a funcionar vento en popa, e seguiremos a levar varias nos petos para solventar esquecementos, perdas ou roturas que todo pode pasar con este artiluxio.

Sendo tan cuidadosos, non sei como os virus logran invadirnos, se ben hai que lembrar que o noso corpo contén millóns de elementos diminutos con vida propia, imprescindibles para a nosa vida. Seguiremos embozados, pero eu teño previsto, o mesmo que se empeza a dar a man ou chocar os codos, de cando en cando, como ao descuido, tentar alixeirar esta liberdade vixiada na que parece que temos medo a deixar de estar vixiados.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES