Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Hoxe Amor, Amor, Solo Hoxe' (2)

viernes, 16 de julio de 2021
A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA

X
Hoxe amor, amor, solo hoxe.
Espiñas non, hoxe non.
Espiñas xa teño abondas.
Abondas e ben fondas.
Quero amor, sólo amor, amor.


TERCEIRA PARTE
"Quero amor, sólo amor, amor".

Principia o derradeiro verso cun verbo en primeira persoa; xa na segunda parte aparecía a presenza do poeta en, "teño abondas", e agora continúa esa presenza en, "quero", seguido dunha repetición sempre telegráfica, como acostuma o autor, mediante a xeminación da palabra "amor" que aparece tres veces en compañía de "sólo" e que pecha o poema.

ESTRUTURA
O poema ten uns alicerces importantes xustificados polas REPETICIÓNS que son as que deseñan o poema. Contabilizamos as seguintes:
Amor: 5 veces // xa: 1 vez.
Hoxe: 3 veces. // e: 1 vez.
Espiñas: 2 veces. // ben: 1 vez.
solo: 2 veces. // Quero: 1 vez.
abondas: 2 veces. // teño: 1 vez.
non: 2 veces. // fondas: 1 vez.

As repeticións máis acusadas refírense ao "amor" (5 veces) e logo á situación temporal, "hoxe" (3 veces), que o autor quere remarcar facendo unha contraposición "in absentia" ao resto dos días que non son hoxe. Despois aparece o substantivo "espiñas" (2 veces), coa connotación propia da dor e da metáfora que supón o feito de que sexan "abondas" (2 veces) e fondas (1 vez). Finalmente a voz do poeta atópase na primeira persoa dos verbos "quero" e "teño".

É moi raro que nun poema se xunten unha gran cantidade de adverbios ou palabras en función adverbial, como é o caso: "solo, abondas (adxectivo con contidos de cantidade), non, xa, ben" (8 veces) que unidas a 3 relativas a "hoxe", chegan a 11 palabras adverbiais das 22 con que se dispón para facer o poema; tendo en conta que o poeta quere intensificar o estado de amor e o estado da dor, é polo que se utilizan estas formas en grande maneira.

As estruturas do contido serían:
- Amor: V1
- Desgrazas: Espiñas: V2-V3-V4
- Amor: V5
(V: Verso)

O poeta está pintando un cadro cuxo marco superior e inferior está representado polo AMOR nos versos 1 e 5, pola contra, a pintura do cadro en si, a que ten máis valor e coa que sofre inmensamente é a tea pintada polos versos: 2, 3 e 4, cheos de ESPIÑAS fondas.

Temos en todo o poema a presenza dun HOXE co que se principia e que sería o gancho do que se colga o marco e, xa que logo o cadro.
'Hoxe Amor, Amor, Solo Hoxe' (2)
Os versos 1 e 5 que representan o marco no que se enmarcan o resto dos contidos son dignos de ser estudados polas repeticións que serven para igualar a parte superior coa inferior. Vexamos as repeticións:

VERSO 1 VERSO 4
Hoxe: 2 (Hoxe): 1
Amor: 2 Amor: 3
Solo: 1 Sólo: 1
(Quero): 1 Quero: 1

( ): Sobreentendido.

Remataremos dicindo que nos parece que o poema pertence a Francisco de Fientosa polas repeticións opulentas, as contraposicións, as comparacións, os xogos coas palabras e as mensaxes telegráficas. Debemos pois, darlle as grazas aos seus descubridores: Tania Iglesias Rivera e Ricardo Polín.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES