Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación do libro-DVD Lareira de soños en Santiago

viernes, 09 de julio de 2021
O próximo martes 13 de xullo ás 18:00 será presentado no Pazo de San Roque o libro Lareira de soños de Pastora Veres editado por Edicións Fervenza. No acto intervirán Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Armando Requeixo, profesor, crítico literario e secretario do Centro Ramón Piñeiro e a autora do libro Pastora Veres.

Lareira de soños é o resultado dun traballo antropolóxico realizado por Pas Veres na parroquia chairega dos Vilares, de onde foi natural o poeta Díaz Castro. Un traballo que contou con máis de cen entrevistas con veciñanza da parroquia pero tamén emigrantes en Euskadi, Catalunya, e mesmo na Arxentina ou os Estados Unidos, con recompilación de fotografías e documentos que foron convertidos pola autora nun texto literario de numerosas historias que dan voz ás voces silenciadas do rural extrapolábles a calquera parroquia rural galega con unha linguaxe entre poética e xornalística que rescata a memoria dos grandes cambios nas aldeas ao longo do século XX.
Presentación do libro-DVD Lareira de soños en Santiago
O libro vai acompañado por un DVD co documental Entrar aos Vilares, dirixido polo profesor de comunicación audiovisual da USC Cibrán Tenreiro e que foi finalista da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en tres categorías. Un traballo compmlementario ao do libro, escrito dende a visión dunha indíxena do lugar mentras que o traballo audiovisual é a visión do mesmo lugar de tres mozos que nin naceron no rural nin coñecen Os Vilares.

A entrada é libre até completar aforo e contidas as medidas sanitarias do COVID-19.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES