¡De Portada!
Fernández, Suso - lunes, 07 de julio de 2008
Cando o pasado martes chegamos á tertulia do café da mañá, un colega nos interpelou:
-¡Víche-lo xornal! ¡Somos noticia de portada! En Foz sempre conseguimos o que nos
propoñemos!.
Como en contra da nosa costume, que o primeiro que facemos antes de saír da casa é dar unha ollada ó diario, ese día non o fixéramos, inxenuamente e de súpeto, coa lóxica euforia, exclamamos:
- ¡O P.A.C
! ¡O Porto Deportivo
! Foi o que, sen pensar, se nos veu á mente porque sen dúbida trataríase en calquera dos casos dunha boa nova, e se fosen as dúas mellor.
Non ían por aí os tiros e de contado se nos aclarou a situación.
- Non, home non, eses episodios serían mais ou menos normais, dixo outro contertulio. Os focegos somos xente orixinal e esta faceta é a que nos distingue de outros pobos, e chegado o verán é cando damos a nota. Hai un par de anos, tamén con caracteres destacados, líamos: un artista alemán ultima a unión virtual entre Foz e a antípoda, que nos deixou abraiados. Houbo estudos, xuntanzas do artista cos nosos edís que o anunciaron a bombo e platiño; nunca mais se soubo, pero, eso sí, dimos a campanada.
Hai un ano de outra sorpresa informativa: un oso arredor da capela do Bispo Santo; xa se cantaba un novo atractivo turístico, a caza maior; só foi un espellismo.
Voltamos ahora ás portadas dos rotativos: o cambalache político cultívase nos nosos eidos, e ó parecer con espléndidos resultados. A cousa, como todo o insólito, esperta o interese dos medios de comunicación, de igual xeito que hai pouco pasou, por exemplo, con Chiquilicuatre, e o nome do noso concello ten a honra de ocupar titulares en primeiras páxinas dos xornáis. Os comentarios son inevitables e cada quen fai as valoracións que cre oportunas, aínda que o que predomina son as descalificacións.
Mentres os contertulios debatían sobre ética e culpabilidades, á nosa memoria acudían aqueles versos da mística Sor Juana Inés de la Cruz: Quién será más de culpar/ aunque cualquiera mal haga,/ ¿el que peca por la paga/ o el que paga por pecar?.
Democracia, honestidade, transparencia, altruísmo, dignidade, honra. ¿De qué falarán?.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora