Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (IV)

miércoles, 07 de julio de 2021
G e H

G de Galicia. Un país e unha lingua, unha cultura. A autora escribe en galego, adoptándoo e asumíndoo como lingua dende o nacemento, unha lingua propia para sempre. Dela poderá traducirse para as outras, pero sempre con ela na orixe. Sucede con A min que me importa! que pode atoparse en castelá, catalá e valenciano ou con A vaca titiriteira, Xogo de máscaras, A pantufla de Celia ou Será correcto? Traducidos ao castelán; en todo caso, traduce ela obras doutros autores para o galego, como As tres xemelgas. Imaxinario. O meu primeiro dicionario de imaxes.
En O aniversario de Ana, o pai regálalle un libro de contos "os meus contos preferidos" cos tradicionais, e estes aparecen adaptados a Galicia: a Cincenta galega (unha boa adaptación -co pai na emigración e cando a nai o vai ver porque anda enfermo e a rapaza queda coa tía e as primas e cando a converten en cincenta, pero o fillo do señor que ademais é poeta namórase e sálvaa- e o gato con zocos que canta o seu conto como se fora un cantar de cego.

G de galego. Nese interese por introducir o galego escrito na aula, hai momentos nos que a modo dos que lle mandaban cantar a Rosalía escribe en O milagre de Carola:

"Cóntame un conto, meniña
ó xeito do teu acento
coa túa voz manseliña.
Fálame algo rideira
ponlle música ás túas verbas
semellando unha muiñeira.
Un cantar que arrola
unha verba que aloumiña
quero escoitarte, miguiña
no falar da nosa lingua.
Escoitar cousas do mar
escoitar cousas da aldea
escoitar de todo quero
na nosa lingua galega."

H de humor. Dende o principio introduce o humor (a modo de chistes de tradición oral e popular -gústalle ata o punto de contarllo a un morto como sucede en Querido Iván- e tamén cando utiliza o recurso da 1ª persoa na voz da rapaza ou rapaz –A min que me importa!, Quero que veñan meus pais- que conta á súa maneira), os versos ao lado dos relatos e algún que outro cristobo (como ela lle chama). É a risa un recurso poderoso e necesario, porque ao lado destas ocorrencias están os contos tristes que falan dos sentimentos dos máis pobres ante festividades coma os Reis nos que os demais aparecen con xoguetes e eles quixeran desaparecer para que ninguén lles preguntara que lles trouxeron os magos de oriente.

H de homenaxes. A asociación Monte Blanco de O Couto (Ponteceso) dedica o Día das Letras Galegas do 2002 a Concha Blanco. A AELG dedícalle o ano 2021, galardoándoa con "A escritora na súa Terra". O concello de Cee ponlle o seu nome a unha praza, neste mesmo ano.

H de Habitación 202. Obra gañadora do Premio Novela por Entregas 2007 de La Voz de Galicia. Publicada con ilustracións de Suso Cubeiro que adapta a súa técnica marabillosamente ben á trama. Unha atmosfera de misterio co sobrenatural tocando coas puntas dos dedos na vida do protagonista que acaba de sufrir a perda dos pais adoptivos.
Nas novelas de adultos, confesa a autora que se sente moito máis libre para o relato e de feito flúelle a historia sen límites...
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES