Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facendo Camiño

jueves, 08 de julio de 2021
Son mundialmente coñecidos OS CAMIÑOS DE SANTIAGO, principalmente o CAMIÑO FRANCÉS que é PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

Sempre, pero principalmente nos ANOS SANTOS COMPOSTELANOS, son moitas persoas que fan O CAMIÑO por diferentes razóns.

Cando o rematan; todos volven cambiando algo da súas vidas e tamén hai quen repite a experiencia.
¿Por que será?
Porque fixeron unha pausa no camiño da vida e tiveron múltiples vivencias que "REMOVERON" e "MOVERON" o ser ser interno para dar o cambio.

A verdade é que neste mundo tan estresado, temos esquecido o noso ser máis íntimo e precisa un reencontro consigo mesmo.

Cómpre REENCONTRARSE CADAQUÉN CONSIGO MESMO, MIRARSE CARA ADENTRO e preguntarse...

¿Enriquéceme internamente este ritmo de vida que levo?
¿Cómo repercute na miña calidade de vida?
¿Como afecta ó benestar da miña familia?
¿En que medida contribúo a unha sociedade mellor?
¿Teño ben atendida a miña alma?

FACER CAMIÑO INTERIOR É TAN NECESARIO COMO RESPIRAR.
Se non cultivamos O NOSO CAMIÑO INTERIOR, convertímonos en ESCRAVOS DO NOSO EGOÍSMO.

Aínda que pareza mentira, somos moito máis egoístas do que pensamos.
Pensamos máis nos bens materiais que nos que nos enriquecen internamente.
Actualmente temos máis bens materiais que os nosos ancestros e vivimos moi apegados a eles.

¿Estarémonos escravizando?
NON SOMOS MÁIS FELICES POR TER MÁIS DO QUE PRECISAMOS.
A veces o noso EGO convértenos en escravos de nós mesmos e nin siquiera nos dámos conta.

¿QUÉ PASA COA INFANCIA DE HOXE EN DÍA?
Ten máis xoguetes que nunca e non por eso é máis feliz, nin máis solidaria, nin máis humilde, nin máis responsable, nin máis valente á hora de enfrentarse á vida...

¿QUÉ PASA CON CERTAS FAMILIAS DE HOXE EN DÍA?
Que sustituíron os VALORES POR COMODIDADES, e cando as comodidades fallan, tiran pola borda todo o conseguido.
Puxeron O TER por encima DO SER.
Claro que como o fan moitos; xa pensan que eso é o normal.
Está á orde do día; pero moi normal pode que non sexa.

NORMÁL É O QUE SE ACOMODA ÁS NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA: os valores de toda a vida.
Cómpre recupera-los valores.
EMPEZANDO POLO RESPECTO:
-RESPECTO ÓS PROXENITORES: ser pai non é ser fillo, cada un no seu lugar. Un fillo ten moito camiño que recorrer antes de ser pai.

-RESPECTO Ó PROFESORADO: antes de ser profesor, hai que ser alumno, e non un alumno calquera, HAI QUE SER UN BO ALUMNO.
Docente e discente non son sinónimos.

-RESPECTO ÁS AUTORIDADES CIVÍS: do mesmo xeito que as autoridades debe velar polos subordinados, estes debemos respectalas e acatar as normas que nos demos entre todos para levar a cabo unha convivencia pacífica e harmoniosa.

-RESPECTO ÁS AUTORIDADES ECLESIÁSTICAS que deixan feito e fan moito ben á humanidade. Se practicaramos o que nos din, levaríamos unha vida moito máis fraternal.
Sairíamos todos gañando.
Non digo que non teñan defectos, son humanos...
¿Qué non os ten?
Teñen defectos as autoridades civís e tamén as eclesiásticas e tamén os temos os subordinados; pero todos queremos ser respectados no posto que temos asignado na sociedade.
O respecto é algo recíproco.

"RECIPROCIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES