Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Anxos de Lourenzá (III) 'Curiñas' de Mondoñedo

martes, 06 de julio de 2021
Para non alongar os artigos deixei algunhas persoas sen nomear nos anterires, non por esquecemento, así que retomo aas someras semblanzas.

Non sei se foi en Lourenzá ou en Mondoñedo onde xurden na miña memoria outras figuras:

D. XOSÉ CARAMÉS RIO. Tanto il coma D. Xose Maria Puente tiñan un pelo que a mín sempre me recordaba algunha imaxe de Cristo. Cousas do meu maxín. Era un home moi pausado, sorrinte e bondadoso. Anos máis tarde atopeino de cura de Boimente (Viveiro) e, cando nos viamos, saudábamos con verdadeiro afecto. Logo soupen, polo seu curmán Rubert Méndez, que se secularizara e creo que morreu en Madrid.

D. ENRIQUE BLANCO PICO. Era de Vilacampa (entre Ferreira e Viveiro). A figura de D. Enrique teñoa gardada coma mostra da dificultade dunha persoa para a caligrafía. O home facía verdadeiros esforzos por escribir con boa letra e optaba polas maiúsculas como remedo para ser entendido. Logo usaba a máquina de escribir.
No Seminario daba imaxe de moi severo e duro de roer, coma o Pontevedra, máis despois foi párroco de San Francisco de Viveiro, a miña parroquia dos tempos de sempre, e poiden descubrir o seu fermoso labor en Cáritas. Non esquezo velo cunha caixa grande de lararanxas para os necesitados. Anos andados soupen que se fora ás misións (creo que Honduras e Guatemala) e dixéronme que morrera aló. Mágoa de boa persoa.

D. ROSENDO YAÑEZ PENA. Era o noso padre espiritual no Seminario Menor. Home alto e coma desgarbado tiña, como caracteristica física máis pronunciada, a cabeza caida para a esquerda. Notábase que era unha alma moi sensible e resultaba moi comprensible con aqueles nosos pecados. Aquilo era todo venial. Os graves viñeron despois.

Supoño que esquezo a algúns, pero sesenta anos fan a súa desmesta na memoria, al menos na miña, e lles pido disculpas. Exemplos temos tamén de carácter displicente, e ata fero, que cecais hoxe, se viven, sexan outro tipo de persoas. A vida e un viero de erros dos que nos arepentimos, pero non teñen moitas veces amaño. Dos nosos erros tamén nos gostaría ser disculpado polos alumnos. Os anos vannos amainando e facendo máis comprensivos.

Sesenta anos despois daquela nenez somos conscintes de que pasou a vida. E que aqueles picaros sodes hoxe, na maioría dos casos, abós con algún que outro achaque, se aínda tedes a sorte de vivir. ¡Cánta xentiña irá aló e moitas veces sen saber uns dos outros!.

De nós dirán agora, suxetos como estamos a presión dos cartos, que somos vellos amortizados. Pandemia polo medio. Suponse que que cada un, no viero escollido, fixo a súa sementeira e plantariamos aqueles sentimentos que xerminaron para nós no Seminario. Constanme que algúns dos nosos compañeiros renegan daquel aquel fermosísimo legado e que se subiron o carro dos triunfos mundanos e da soberbia displicente.., Cecais esqueceron a homildade daqueleas curiñas. ¡Mágoa deles! O noso respeto o seu pensamento sempre estará ahí. A libertade non ten carreiros porque simplemente voa.

E chegado iste momento cómpre rematar istes tres artigos con unha reflexión que coido levamos feito todos: ¿valeu a pena pasar polo seminario? Eu vou a ser rotundo: A MÍN SI. E aínda sendo folgazán, rebello e outras madias que poda ter, sempre me queda, non só algúns coñocementos, senón, e sobre todo, o manual de instruccións que unha persoa necesita para a vida: valores e principios. O resto sendo necesario, non deixa de ser palla funxible.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES