Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Me cago no sol! / Filosofía Barata

jueves, 08 de julio de 2021
Me cago no sol!

Para saír da casa ás catro da tarde en pleno verán hai que botarlle peito, hai que ter valor. Como fun á mili, pois... "valor: se le supone". Teño valor e teño peito. Raquítico pero peito. Saín e díxenlle ó sol que non me molestase. El, obediente, acochou ou ocultou detrás da única nube negra que había no horizonte. En verdade que quedei algo abraiado, e pensei que o patrón da nosa galaxia sabería que eu era fillo do meu pai. Se Pingas de Orballo: Me cago no sol! / Filosofía Baratao sabe, entendo o seu proceder. Porque o meu pai máis dunha vez insultaba ó sol. Era o pecado máis forte do meu pai: me cago no sol! E cando meu pai se cagaba no sol, tremía o mundo. E tremía eu, claro. Nunca me puxo a man encima, pero verlle aquela cara de vinagre cando se cabreaba ou escoitarlle aquel "me cago no sol!", era o acicate ou a aguilloada para rezar con forza para que as vacas guiasen ben (ó arar, por veces, había que ir diante delas para que non saísen do rego), pois se nun momento dado se torcía o suco ou levantaba coa rella do arado algunha verza branca das que se puñan entre os pés das patacas ou do millo, aparecía aquel "me cago no sol!", e eu sabía que iso era aínda peor que insultar ó de Arriba.
Seguro que o sol intuíu que eramos do mesmo sangue e colleume medo. Por unha vez gústame que algo ou alguén me teña medo. Non obstante, mirei para a nube negra e berrei un grazas; para ela por estar aí e para o sol por obedecerme e respectarme. Ás veces é bo simular que un é malo para que te respecten un pouco.

Filosofía Barata

Poida que si e poida que non. Todo dependerá. Se é si, será afirmativo e se é non, será negativo. De cando en vez sei seguir o ritmo da filosofía barata. Esa filosofía que é tan barata que tan só pode ser si ou non. Unha filosofía tan sinxela que se non tomo o café que me acaban de pór, quedo sen el. Non hai volta de folla. Nin peixe sen río ou río sen peixe. Os acuarios non contan. Porque se contaran iría o ritmo da filosofía ó carallo.
Pingas de Orballo: Me cago no sol! / Filosofía Barata A miña filosofía barata di que se tomei o café en tres sorbos, non foi nin en dous nin en catro. E tomeino baixo o ritmo da "Marcha Imperial" de John Williams, que, con ela, sempre baixa mellor. Hai filosofías que van moito máis alá dunha banda sonora ou dunha folla en branco que se vai enchendo con pingas de orballo. Para unha boa novela xa cumpriría unha filosofía máis profunda, máis filosófica, máis fonda. A miña é barata e por iso os meus escritos tan só son pequenos relatos.
Joe Cocker non sei que andaba pintando cunha canción en "Nove semanas e media". Quizais quixo excitar co striptease de Kim Basinger (filosofía barata), cando o auténtico striptease o levou a cabo Rita Hayworth en "Gilda", e con tan só un guante! Nesa escena e na forma en que ten de quitalo si había filosofía!, pero da boa, da profunda, da esencial. Poida que si e poida que non, pensarán algúns. Que quede a cousa nun depende. Para non marear máis o peixe, para non andar con voltas e revoltas. Así, filosofía barata.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES