Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando a facultade de teoloxía de Galicia?

lunes, 07 de julio de 2008
O pasado xoves, o xornal galego “La Voz de Galicia” (Sociedade, páx. 28) publicou unha, a simple vista, boa e fermosa noticia co titulo de “La Iglesia crea una academia dedicada a la cultura de Galicia” co subtítulo “reunirá a personalidades del mundo del arte, la teología, la historia y las letras”. Leveime unha gran sorpresa e mesmo alegría ao ler a nova da creación dunha academia destas características na nosa Terra. Tamén decepción ao me dar conta de cómo se pode pensar (soñar!?) con todo isto cando os bispos que estiveron en Galicia (foron bastantes) despois do Concilio Vaticano II e do Pastoral Galego, non foron quen de crear a, daquela, tan necesaria e mesmos imprescindible facultade de teoloxía na nosa Terra. Algo que nos tempos que vivimos aparece como irreal e imposible por falla de materia prima.

De todos os xeitos, a proposta parece interesante aínda que xorda moi condicionada e mesmo trenca. Segundo os seus promotores, os prelados de Mondoñedo-Ferrol (D. Manuel Sánchez Monge) e de Ourense (D Luís Quinteiro Fiuza) a futura e aínda non nata academia, vaise dedicar “a estudar a contribución da fe cristiá ao ser e á cultura da nosa terra” tomando como inspiración a San Rosendo e tamén os propios Camiños de Santiago. A súa constitución (sesión constituínte) vaise celebrar, no mosteiro de Celanova, “o día 22 de novembro, en presenza dos propios prelados e coa previsible asistencia dos demais bispos de Galicia e do norte de Portugal -antiga Gallaecia- e tomarán posesión dos seus cargos, teólogos, historiadores, escritores e investigadores cuxas traxectorias estean vinculadas en máis dun senso a herdanza espiritual de san Rosendo e do propio Camiño xacobeo”. ¿Soño/realidade!?

Sobre o papel unha boa idea do dous bispos e os seus asesores que amosan amar a Galicia e á súa xente e mesmo que exercen de galegos en Galicia! Non vou aforrar esforzos persoais por duros que sexan e estou seguro que tampouco me vou cansar no empeño en animar e arrimar o lombo a esa que semella unha acertada e axeitada idea nos tempos que vivimos. Por iso..¡adiante, monseñores!, aínda que xurdan atrancos e se multipliquen as dificultades.

Danlle categoría de “pontificia” a esta institución que bautizaron como “Academia Auriense-Mindoniense” en clara alusión ás dúas mitras impulsoras e con soños e pretensións de grandeza... Anoten: “un foro de prestixio que serva de referente de fecundidade e de alento para novas iniciativas de cara a recuperación de valores do noso pasado que nos axuden a vivir ilusionados este apaixonante presente” Todo centrado na figura de San Rosendo “personaxe transcendental” por ser o gran pacificador da Galicia medieval. Mesmo se apuntan outras interesantes intencións da Academia como poden ser “as de potenciar desde a fe e desde a cultura un diálogo sereno con toda a sociedade. Mesmo se pensa en “reivindicar máis aló do universo da fe, as profundas raíces cristiás de Europa”.

Deixo para outra sesión seguir profundando nesta cuestión. Invito a reflexionar aos filósofos investigadores, teólogos, profesores, escritores, poetas e amantes en xeral da nosa Terra que expresen a súa opinión A favor e/ou en contra. Pola miña banda, aínda que pareza un soño, sigo a pedir aos actuais bispos fagan algo por crear a facultade de teoloxía de/para Galicia.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES