Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A trancas e barrancas

lunes, 05 de julio de 2021
A trancas e barrancas A trancas e barrancas a selección española de fútbol vai pasando fases e eliminatorias na Eurocopa. Nunha Eurocopa que, cada vez que me poño diante da televisión, nunca sei onde xogan. Ó espelido que deseñou as sedes, as cidades e os países habería que facerlle un monumento á estupidez.

A UEFA quere abarcar tanto que acaba perdéndose. E fai andar ás seleccións de aquí para alá coma monicreques. A trancas e barrancas tamén foron, como non, os sentimentos dos afeccionados españois (ou sexa, coma sempre), que se ó principio non tiñamos onde caernos mortos, agora ata case que poida que teñamos opcións de ganar tal torneo. Que se ó principio queriamos empalar a Morata, agora todos estamos de acordo en que é un gran xogador.

A trancas e barrancas deixámonos levar, tamén, pola nosa propia estupidez.

Que nin antes eramos tan malos (en tal caso, peores), nin agora somos tan bos (máis ben, regularciños). E non é menosprezar ós nosos xogadores (precisamente eu son dos que creo que os defendo a morte), senón que, sinxela e sinceramente, pouco máis temos. Poida que non se convocasen dous ou tres esencias, que o merecían, pero pouquiño máis. O que hai é practicamente o que temos.

A trancas e barrancas seica vai a audiencia de Mediaset nesta Eurocopoa. Polo menos na primeira fase. Normal. A selección non funcionaba e os comentaristas... ufff, os comentaristas son un á parte neste peregrinar televisivo. Ese tal Luque poñéndolle boca e palabras ós pensamentos dos xogadores. Ese cal Kiko falando da famosa empeña: que se lle deu coa empeña, que puxo mal a empeña e por iso o balón non foi á porta, que se lle dera coa empeña o tiro sería gol, etc. Morientes aínda tal, pero o pobre Camacho anda máis perdido que un peixe fóra da auga. Si me gusta Pablo Pinto, só que sexa polos datos (uns máis curiosos que outros) que dá ó longo da transmisión, tanto dos xogadores coma das seleccións.

A trancas e barrancas foron certas seleccións que, ó empezar, prometíanas moi felices, é dicir, que chegarían á final sen baixarse do autobús e unhas e outras acabaron caendo polo barranco da realidade, dunha realidade que di que para acadar a cume hai que suar sangue, suor e bágoas.

Mañá saberemos como serán as nosas bágoas. Oxalá sexan de alegría... con eses que hai e que son os que temos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES