Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (1)

miércoles, 07 de julio de 2021
Autores: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro

1. Algúns trazos xeográficos e históricos do Municipio do Páramo

O municipio do Páramo está integrado na Comarca de Sarria. Ocupa unha superficie de 74,45 km2 na que vive, segundo o I.G.E. do 2019, unha poboación de 1366 habitantes distribuída en 18 parroquias. Este ámbito territorial posúe os seguintes lindes: ao norte, o municipio do Corgo; ao Leste, os municipios de Láncara e Sarria; ao Sur, o municipio de Paradela; e ao W., os municipios de Portomarín e Guntín.

Por outra banda, este municipio está comunicado desde Lugo pola estrada N-VI ata a entidade de poboación de Nadela, onde hai que tomar a Comarcal C-546 ata á vila da Poboa de San Xiao; desde alí cómpre coller unha vía local en dirección ao Páramo, situado a uns 7 km. Ademais, hai outras estradas locais, que comunican este municipio con outros próximos.

A nivel topográfico, a extensión do Páramo ubícase entre a serra granítica do mesmo nome, con altitudes desde os 800 ata os 870 metros, e os cursos do río Miño, que fai de lindeiro occidental do municipio; e o seu afluente, o Neira, que marca o linde septentrional. Nesta superficie é mester distinguir dous niveis: un, situado no norte e oeste, correspóndese coas terras baixas dos ríos mencionados con altitudes, que van dende os 350 aos 450 metros; o outro, trátase dun espazo de transición a xeito dunha estreita franxa, situada entre os 500 e os 650 metros, e que amosa unha orientación Nordeste-Suroeste. Con respecto ao clima, este municipio presenta os trazos da variedade oceánica continental, na que hai que distinguir invernos frecos e veráns suaves cunha temperatura media en torno aos 12ºC.

A nivel demográfico, a poboación deste municipio conservou no século pasado unha estabilidade importante ata o ano 1940, que foi cando acadou a súa maior cota demográfica con 3901 habitantes. Logo, a poboación foi diminuindo considerablemente ata alcanzar os 1366 habitantes no ano 2019, o que supuxo un descenso do 65%. As causas deste descenso continuado foron debidas ao éxodo rural e ao avellentamento da poboación.

En canto ao nivel económico, as actividades agropecuarias seguen tendo unha influencia relevante no municipio, reflectida na poboación activa que se nutre deste sector. No obstante, a principal actividade económica é a dos servizos, que proporciona a maior porcentaxe de poboación activa tanto no sector comercial local como no que se establece nas entidades de poboación cercanas de Sarria e Lugo.

Desde unha óptica histórica, as primeiras pegadas atopámolas nalgúns túmulos megalíticos da comunidade parroquial de Santo André da Ribeira, en un bo núnero de castros como os de Friolfe e Moscán No obstante, a primeira alusión escrita ao Páramo data do ano 569, cando en Lugo se realiza un concilio no que se aclaran os lindeiros dos once condados, que integraban a diocese de Lugo. Un deles era o Condado Paramensis, que comprendía o espazo territorial emprazado entre a marxe esquerda do río Miño e o seu afluente, o Neira. Logo, a mediados do século XIII, confírmase nun escrito de Alfonso X o Sabio un privilexio concedido a Orde Hospitalaria polo que fai doazón do "Páramo de Galicia que yaze en onor de Sarria". Por outra banda, durante o Antigo Réxime o Páramo dependeu das xurisdiccións da Pobra do San Xiao; do señorío do Conde de Lemos; e de San Xoán de Portomarín, baixo a Orde de San Xoán. Xa no século XIX, cando a Deputación fai no ano 1820 a división da provincia en partidos xudiciais, o municipio do Páramo figura no partido xudicial de Lugo. Logo, no ano 1834, xa figura no de Sarria. Posteriormente, no ano 1965, volve a depender do de Lugo, ata que no ano 1988 volta ao de Sarria ao repoñerse o seu partido xudicial.

A nivel cultural, cómpre salientar as igrexas románicas de Grallás, Gondrame, Vilarmosteiro e Vileiriz. Tamén, os restos da torre do Mariscal Pardo de Cela, o pazo de Neira etc. Ademais, é mester sinalar "as festas e feiras da primaveira", que se celebran dende o ano 1976 durante o mes de Xuño, sendo o día 10, o máis relevante.

2. Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo (Lugo)
2.1. Táboa sobre os Cruceiros. Cruces e Viacrucis de O Páramo.

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (1)


2.2. Mapas de Localización

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (1)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES