Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sobre a marcha

miércoles, 07 de julio de 2021
Onte escribín un relato grazas á primeira frase. Frase que se me ocorreu polo camiño. E de aí, desa soa frase partiu todo o escrito. Hoxe, no mesmo traxecto, non se me ocorreu nada. Así é que non queda outra que mesturar todo o que asome pola miña mente, ou sexa, e como se adoita dicir: sobre a marcha. Si, porque ás veces non é tan fácil encher un folio ou unha páxina. Sempre reneguei das musas porque estas, como se ve, asoman Pingas de Orballo: Sobre a marchacando lles dá a gana. Menos mal que tamén case sempre seguín a máxima de Cela: fincar os cóbados. Fincar os cóbados e a seguir!
Finco os cóbados sobre a mesa da terraza, contemplo a cunca do café xa baleira e mesturo. Mesturo as musas e as ganas que teño de traballar, co bozo que acabo de pór; aínda que non é necesario xa usalo ó aire libre, pero por se aquel. A verdade é que nunca me molestou moito; se quitamos, iso si, esas mañás nas que por culpa do frío, se empanaban os anteollos.
Sobre a marcha, e rematado o anterior parágrafo, fixen un descanso para contemplar como pasaba a xente e os coches e as pombas, e agora xa estou outra vez dálle que dálle e sen axuda de ningunha musa nin de nada que se lle asemelle. Simplemente os cóbados sobre a mesa e a man dereita agarrando con forza o bolígrafo. Si, sempre suxeitei o bolígrafo con moita tensión. Non sei a que se debe esa tensión, pero o caso é que no dedo corazón teño marca. Sobre a marcha a máxima de Cela fíxose relato.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES