Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Malas contestacións

martes, 06 de julio de 2021
Pedín de tocar o saxofón na orquestra dos Tarambainas e contestáronme de mala maneira que fose tocar a gaita ó Penedo de Vide. Sinceramente, sentoume mal. Non son formas de lle contestar a unha persoa. Ó mellor igual pensaron que era un John Coltrane e que podía deixalos en ridículo. Na realidade, toco pouco máis alá das notas clásicas. Podo arriscarme, iso si, algo máis coa batería porque a esta doulle e doulle e polo menos fago ruído; pero ata no pedal dos pés son malo porque penso nos dos coches e tan ben freo de golpe como acelero deica o infinito e máis alá. O meu, como digo, é o saxofón e non son Dexter Gordon.
Pingas de Orballo: Malas contestacións
Collín tal carraxe pola contestación do paspán dos Tarambainas que fun remoendo vinganza de volta cara á miña casa. Á entrada de Baños de Molgas xa sabía como facer. Collín unha guitarra eléctrica que tiña colgada na palleira entre o arado de pau e o xugo das vacas (agora creo lembrar que de rapaz, e para que as vacas se apuxeran ben ó carro, tocáballes a guitarra; non sei, pero imaxino que naqueles tempos imitaría a Carlos Santana), colgueina ó pescozo e volvín ás Mestras, que era onde se atopaba a orquestra dos Tarambainas. Pedín de tocar a guitarra e o mesmo paspán contestoume outra vez de mala maneira, pero agora dicíndome que fose tocar o violín á Tapada dos Ferreiros. Xa non me sentou mal. Sorrín e rompinlle a guitarra na cabeza. Quedei coma Jimi Hendrix.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES