Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casarrei

jueves, 01 de julio de 2021
Cando eu era nena había moitas casarreis na miña aldea. Eran uns insectos chamativos, de cor vermella con sete lunares. Noutros sitios tamén lles chaman xoaniñas, reirreis... Paraban moito nos vimbios que estaban nas beiras dos prados. As rapazas colliamos unha na man e cantabamos:

Casarrei casarrei
por donde casarei
Por mar ou por terra
ou polo bico da serra.

A casarrei subía polo dedo que apuntaba ó ceo. Ó chegar á punta e non ter máis para donde andar botábase a voar. A dirección hacia donde marchaba indicaba o lugar por donde vivía o posible mozo co que a rapaza casaría.

Logo desapareceron. As vimbieiras quedaron valeiras e nunca máis se viron. Din que teñen que vivir en limpo. Que a contaminación non lles presta. Este día, estando no lugar donde me criei, veu Adela (a neta dun sobriño) e díxome: "Francisca, mira que teño aquí!". Abreu as mans, e tiña unha casarrei. Gustoume volver a ver á miña compañeira. A señal de que a aldea está limpa.

Temos que coidar ó noso país e parar de botarlle lixo, fume, eucaliptos, química, eólicos... Que volva o cuco a cucar nas tardes mornas. E as miñocas a furar a terra. E os paxaros a facer niños.

De momento, as casarreis xa están aquí. Son a miña infancia de lunares. A min aconselláronme ben. Débolles moito. Levo 65 anos casada con Luis.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES