Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (3)

lunes, 05 de julio de 2021
E e F

E de editoras. Concha traballa con case todas as editoras do país, das máis grandes ás máis pequenas, as situadas en Galicia e ás foráneas que editan en galego, as de longo percorrido e as que están nacendo, así vai entregando libros diferentes a cada unha delas, como pode verse no seguinte listado: Ediciós do Castro (con sete títulos), S.M., Casals, Bruño, Sotelo Blanco, Edicións do Cumio, Alfaguara Obradoiro, Xerais, Everest, Ir Indo, Galaxia, oqueleo Obradoiro Santillana, Embora, Hércules edicións, Bolanda, Aira editora, Toxosoutos, Fervenza, Embora, Galeboook...

E de emigración. Entre as temáticas que permanecen ao longo da súa obra está esta como un continuo, é central en O noso Pepe, Quero que veñan meus pais, O milagre de Carola, O aniversario de Ana –aparece na adaptación galega do conto da Cincenta-...

E de educación. O balcón do meu universo: "O material co que traballamos é humano. Persoas novas, persoíñas, di Flora, en constante cambio, capaces de sorprendernos para ben e para mal. Ensinar, educar, formar. Complicada e intensa tarefa con resultados a longo prazo. Impón respecto, si, pero non me arrepinto do camiño elixido, o desta profesión".
Concha, lembra ás mestras agasallándolle os primeiros libros El gato con botas e a biografía de Juana de Arco. Promovendo a lectura e o estudo, convencendo á familia de que debía estudar. Pero tamén eses mestres e mestras que aparecen na ficción como artífices do ben, as que van axudando á rapazada en O noso Pepe, Tita, Encontros ás agachadas...

F de Fundación Eduardo Pondal na que fora parte do seu padroado. Unha fundación próxima aos seus espazos: Lires - Cee e A Coruña, e máis aínda á asociación cultural Monte Branco onde lle teñen realizado unha homenaxe dedicándolle as Letras Galegas dun ano.

F de fantasía. Por veces nos seus libros aparece a fantasía total, aquela na que se personifica calquera elemento da natureza, para relacionarse ou non cos humanos, e aínda máis alá, como sucede en A aventura das cores ou A bruxiña da sorte nas que elementos inanimados ouo tan alleos como as cores cobran vida. E, ao seu lado esa mestura de fantasía co realismo de cada día, tal como sucede en Os poderes máxicos de Aitema, Encontros ás agachadas...

F de familia. A escritora e a familia dentro da conto. En A camioneta da media risa o mestre lelles unha historia que unha escritora amiga lle dedicara para que puidera botar man dela nestas ocasión nas que hai tormenta para poder explicala (é a de Concha e a súa familia para explicar o que son as tormentas, raios e tronos de maneira ben científica). É a súa familia a de As loucas vacacións dunha formiga? (di que vai no bolso de Concha.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES