Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (2)

jueves, 01 de julio de 2021
C e D

C de Cousas para a escola e de Cousiñas para a escola aqueles primeiros libros traballos con eses títulos que ela presenta a Isaac Díaz Pardo en ediciós do Castro. Títulos ben sinxelos e sinceros para explicar que era o que se precisaba naquel momento: textos que serviran para introducir o galego nas aulas, igual que calquera outro idioma, textos aos que acompañaban actividades a realizar para mellorar a comprensión lectora, o léxico, a creatividade,... e textos nos que o alumnado se vira reflectido.

C de común, de traballar para o común, de utilizar o sentido común. Con sentido común adiántase aos protocolos e normativa da Administración educativa cando separan por niveis en lugar de facelo por sexo ou cando en O noso Pepe o mestre envía as tarefas polos amigos do rapaz e contacta semanalmente para resolver as dúbidas que lle xorden nos novos temas. Nese mesmo sentido teriamos que recoller a experiencia de cando co seu compañeiro de unitaria lle propoñen a Inspección dividir o grupo por idade / cursos en lugar de sexos, e de como foi aceptado antes de que a coeducación partise da administración educativa.

C de cotiá. Na obra de Concha tanto podemos atopar a fantasía total como o realismo cotiá.

C de contar. A importancia de contar (Sara, o home que conta na taberna e que falara coa nai antes de nacer) En Repetimos, Acción! Nas dúas primeiras escenas son os avós os que lles axudan a entender e mellorar, en Cos ollos do avó...

C de Cee. En A aventura das cores, "Cando a autora fala de si" proponnos saber onde vive a través dunha adiviña:
"Eu nacín nun concello
co nome máis pequeno,
de tódolos da bisbarra;
ten nome dunha letra
pero ser... é unha palabra.
Non che é A nin Be,
pero se pensas que é Cee
adiviñaches cal é."

D de dedicatorias. As dedicatorias din moito da autora. Ela acostuma dedicarlle os libros ás fillas e ao home, ata o punto de que en Querido Iván escribe: Para Os tres de sempre neste ano de Castelao (2000). En Do A ao Z con... Castelao: "Para todas as persoas que, como Castelao, están comprometidas con Galicia neste 2010, Ano da Lectura". Noutros casos, aproveita para explicar o obxectivo do libro, por exemplo, "A milagre de Carola "é un novo libro dirixido ós nenos. Con el soamente pretendo que os rapaces queiran á Lingua Galega. Que a palpen coa lectura dos seus contos, coa recitación dos seus versos, coa risa das súas lecturas de humor, coas súas representacións teatrais, cos seus debuxos, cómics e outros exercicios máis, creativos e cheos de humanidade" ou neste outro: "O obxectivo de Chuchamel é conseguir que o rapaz, nos seus primeiros contactos coa lectura da lingua galega, sinta ledicia e goce coa fantasía das súas narracións, contos e poemas".
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES