Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O río da miña conciencia / As peticións de man

jueves, 01 de julio de 2021
O río da miña conciencia
Souben de ti porque preguntei e busquei. Pensei que nunca na miña vida te perdería, pero unha noite, na que a lúa vella se acochou detrás dunha nube negra, perdinte de vista e aí empezou o meu calvario. Porque axiña, ó momento de decatarme da túa ausencia, iniciei un viacrucis por todos os lugares habidos e por haber buscándote. Fun Pingas de Orballo: O río da miña conciencia / As peticións de mandeica os confíns do universo preguntando por ti; polo teu brillo metálico e vermello. Ninguén me soubo dar razón de ti, e empecei a desesperar.
Porque, contigo, os meus soños deixaban de ter presencia no meu universo ó descargalos en ti. Sen ti, a miña historia, a miña vida será efémera e ninguén saberá dela. E todos temos o noso orgullo, o noso ego. Non quero ser menos. Quero que saiban de min e sen ti son un cero á esquerda. Sen ti os versos non riman e non fan poema.
Non obstante, non desesperei; seguín preguntando por ti e buscándote. A miña subida ó monte Calvario era xa agónica, pero sabía que en algún lado tiñas que estar. Os meus pensamentos non podían estar pechados para sempre, nin tan sequera aqueles exabruptos que de cando en vez ou moi a miúdo caían sobre o papel da carraxe. Medio desesperado e lembrando o punto de partida volvín a el e alí estabas, condenado!, sobre un papel a medio escribir nunha mesa da terraza do café. Collinte con emoción nos ollos e deixei caer pingas de orballo para completar o relato. Es o río da miña conciencia, que levas as pingas de orballo a un papel raiado.

As peticións de man
Declaréilleme á muller noutros tempos e de forma normal; quizais coa cara colorada e cos nervios a flor de pel. Penso agora que ó mellor fixen mal, que tiven que declararme tirándome desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas, a uns 30 metros, e xusto no momento de cando se entra no atrio co san Salvador chegado da Pingas de Orballo: O río da miña conciencia / As peticións de manprocesión do 6 de agosto; para que me vise a xente. Ou lanzándome en parapente desde o Outeiro do Corno. É que agora todo o mundo se declara de tal maneira que creo que se anda a unha loita por saber cal é a forma máis esperpéntica.
Sinceramente, cústame moito asimilar iso de pedir a man en actos públicos e de maneiras que, ás veces, se saen da lóxica. Somos tan egocéntricos que, máis alá do noso, non pode haber nada. E temos que estar por encima de calquera en todo. Ou sexa, chamar a atención, aínda que fagamos o ridículo. Nun campo de fútbol, por exemplo, fincamos os xeonllos sobre un chanzo, esperamos a que nos enfoquen os medios, abrimos os brazos en plan de súplica (ou de crucifixión) e pedimos un si quero. De verdade, teño ganas de ver unha negativa para ver que cara se lle queda ó pasmón.
Pobriño, dirán algúns, se a quere será un pau a súa negativa. Se a quere penso que hai outras formas ou maneiras de pedirllo. Creo que é unha ocasión especial, moi íntima e moi súa. O público das bancadas non creo que se vaia meter nas súas vidas. É máis, á maioría nin lles importará o devir da parella. Pero hai que chamar a atención.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES