Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Torre de Hércules

jueves, 03 de julio de 2008
Andan os coruñeses e moitos máis empeñados en que o maxestuoso faro que corona a súa cidade sexa declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade.

Se temos en conta que se trata do único faro romano do mundo que na actualidade segue a funcionar, temos xa perfecto e definitivo argumento para unha declaración coma esta, que é o galardón máximo ó que un monumento pode aspirar, como no seu momento solicitou e obtivo a cidade de Lugo para a súa muralla romana, a máis completa de España arredor dunha cidade antiga.

Libros de asinamentos repartidos por Galicia recolleron simpatías que respaldan esta candidatura, e na Coruña a campaña "Abraza a torre" conseguiu nun mes que vinte mil persoas, axudadas polas novas tecnoloxías, se fotografiasen abrazando a torre.

Quere a lenda que a torre fose erguida polo xigante Hércules despois de derrotar ó tamén xigante Xerión, e enterrar os osos do vencido debaixo da torre de pedra. Quere tamén a lenda que Hércules, un día claro, divisase Irlanda desde o alto da torre.

O certo é que é un faro romano, que se conserva como tal no interior, revestido exteriormente por unha protección de pedra que garante a súa pervivencia, e o fai único no seu xénero. E eterno. E é a mellor imaxe identificativa da cidade que foi considerada "Cabeza, guarda y llave del Reino de Galicia".

Que a Torre de Hércules sexa declarada "Patrimonio da Humanidade", é un ben para A Coruña e para Galicia, e www.galiciadigital.com únese con entusiasmo a esta petición de declaración.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES