Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viaxar e baños

martes, 29 de junio de 2021
Nada mellor que recibir unha visita para coñecer as posibilidades e as carencias da cidade. Hai uns días, uns compañeiros de Ferrol avísanme que teñen que vir a Lugo por circunstancias persoais. O motivo prioritario de avisarme é para que lles informe onde aparcar, onde comer, onde tomar un café, onde hai baños adaptados... Aspectos que a maioría de cidadáns non necesitarían cuestionar porque poden escoller restaurante e baños hai en todos. Para nós segue a faltar ese desprazamento autónomo. As cidades están cheas de trampas e a ninguén parece importarlle que moitas persoas non poidan facer unha vida normal. Non é a primeira vez que fago estas xestións. No San Froilán, no Arde Lucus, no verán... máis do mesmo.

Xa sei que me repito co tema do incumprimento da normativa e das barreiras arquitectónicas, algo que os meus amigos tamén coñecen de primeira man. Como novidade quixen ensinarlles, como non podía ser menos, a rúa Quiroga Ballesteros. Unha mágoa que algúns establecementos non se contaxiaran das obras. Seguen sen decatarse que desde o 4 de decembro de 2017, non me canso de citar a data, é obrigatorio garantir a accesibilidade.
Viaxar e baños
Pero volvendo ao Viaxar e Baños... Seguimos a reivindicar deseños para todos. Ata nos sobra o famoso símbolo do "home sentado" se non está a "muller sentada". Para os demais especifícase home/muller. E para nós a distinción non conta? Deixando á marxe esas bobadas aínda máis discriminatorias trátase de non malgastar o espazo. Vouno dicir outra vez alto e claro. Non se precisan tres baños. Chegan dous máis amplos ou simplemente un se as dimensións do local son reducidas (así está contemplado) nos que se teñan en conta pequenos detalles como o radio de xiro, a altura do inodoro, o lavabo sen pé, unhas barras, o espello inclinado... É evidente que repartido o espazo de tres en dous gañaríamos en accesibilidade e tamén en normalidade.

Tendo en conta o anterior a oferta xe se ve moi limitada. Pese a ter que descartar sitios encontrei onde comer moi ben e onde tomar un refresco con opción de ir ao baño. Xa ven que nos conformamos con cousas elementais. Marcharon moi contentos de poder visitar de novo a súa cidade mellorada e máis accesible. Máis contenta me quedei eu cando, aproveitando un concerto no Círculo das Artes, descubrín que xa temos baños. Grazas! Un paso máis "Por un Lugo sen barreiras".
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES