Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Non hai imaxinación!

miércoles, 30 de junio de 2021
De todos é sabido que son un peliculeiro. Vexo de todo. Desde obras mestras ata as boas, así como pasando polas pasables ou regulares e rematando coas malas e moi malas. Porque para saber se son moi malas, teño que velas. Algunhas si sei xa de antemán que serán moi malas, pero aínda así... non sei, sempre confío en algo, nunha escena, nunha frase, nun gag... e iso que son dos que digo que cando unha película non gusta ós vinte minutos, malo!
Pingas de Orballo: Non hai imaxinación!Pero ó que vou é a outra cousa: que en todas, absolutamente en todas os protagonistas ou os personaxes botan sempre man de pastillas e cervexas ou alcol. O das pastillas sempre me chamou a atención, sempre me puxo dos nervios; pois aínda que non estean enfermos (que case nunca o están) tragan pílulas a moreas. E non unha ou dúas, senón un puñado delas ou medio frasco, que máis ou menos é o mesmo. Pílulas para eliminar a tensión. Pastillas para contar unha historia triste. Pílulas para afogar as penas. Pastillas para botar o demo que levan dentro.
O demo que levan dentro os ianquis tamén o botan moi ben fóra a base de alcol. E as penas, claro. Non deben saber que as penas saben nadar. Nas películas nunca aparece un abstemio porque entón o guionista non sabería que facer cos personaxes. Nas películas, as bisagras dos frigoríficos andan a cen e as farmacias non sei onde teñen tanta reserva de pastillas. Non hai inventiva, imaxinación para manter ocupados a certos personaxes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES