Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que multiplicarse

lunes, 28 de junio de 2021
Hai que multiplicarse Pois menos mal que xa non hai partidos de fútbol ás tres da tarde. Se chega a habelos tería un gran problema, porque non sabería a que atender; se ó fútbol ou ó ciclismo. É que o sábado empezou o Tour de Francia, a gran carreira ciclista por excelencia. A min gústame o fútbol. Incluso creo que son un fanático dese deporte. Pero cando chega o ciclismo, ese ciclismo profesional no que ves que unha e outra vez, ou sexa, en todas as etapas hainos que deixan sangue, suor e bágoas; iso emociona de tal maneira que, por veces, ata o corazón se acelera de tal maneira que é como se el empurrase ó ciclista axudándolle a subir a montaña, ese portos de categoría especial. Hai subidas que cada pinga de suor é un latexo de ansiedade.

Para min, o fútbol é bonito. O ciclismo tamén é moi bonito, e ten tanto ou máis suspense que aquel, xa que, por exemplo, nunha escapada sempre chegará ese momento no que se pensa se os pillarán ou non os pillarán. E esa fermosura do último quilómetro cando a etapa se disputa ó sprint? Os ciclistas buscando o seu espazo, os compañeiros do máis rápido intentando subilo en aire ou polo aire ata os primeiros postos e moi cerca da meta para que, logo, el se quede só ante o perigo, ante a forza, a velocidade e as ansias de ganar.

Hai que multiplicarseAnte todo isto, non queda outra que, digamos, multiplicarme. Final da etapa diaria a partir das catro para empalmar co partido das seis, pequeno descanso para cear e, ás nove, unha vez máis estomballado no sofá para seguir vendo ese fútbol que me apaixona. Entre uns partidos e outros ou entre un deporte e outro, intentarei facer algo útil da vida, a base de escritura e lectura. Non quero que ninguén me diga que son un "inculto" porque perdo o tempo contemplando ese deporte que, algúns, din que é das masas. E dino co mal sentido da palabra. Coma se o fútbol non nos deixara "culturizarnos".

Volvendo ó ciclismo, mirade se me gusta que, este ano, non habendo ningún español (quéirase que non, sempre tira) que poida alcanzar o podio, penso seguilo igual, como o levo seguido todos os anos. Como tamén estou seguindo e seguirei a Eurocopa; con España ou sen España. Por certo, hoxe saberemos se España seguirá ou non. Se non segue, xa aseguro aquí que me entregarei ó máis débil de cada partido.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES