
No sexto cabodano do seu falecemento, recordamos ao benquerido poeta limiao Manuel Ferreiro Villar, reproducindo, o que pensamos, que foi o seu último poema NO BAÑO, publicado no libro Veiros da palabra, páxinas 56-57, editado por a librería Conde de Celanova no ano 2012.
Neste poema, Manuel fala do lugar máxico do Baño, a terra que o viu nacer, e sente a mesma tristeza despois de tantos anos asolagado, como a sentía a súa nai.
Cada vez que Manuel utiliza o recurso lingüístico da metáfora, a súa poesía alcanza un grao sublime: "onde as pedras falan" "xardín dourado"
Na estrutura do poema, combina de forma sabia a rima consoante dos versos: dous, tres e catro, da primeira estrofa, a partir da última sílaba tónica, de forma que, se van repetindo os mesmos sons, é dicir, idénticos fonemas, tanto de vocais como de consoantes, que sombreo en negriña "an".
Esta forma de compor precisa dun dominio profundo da fala e da escrita, de memoria áxil, retentiva e de riqueza de vocabulario, co fin de suplir a escasa flexibilidade que ofrece esta forma de rimar e de medir do verso. Ao mesmo tempo, tamén coida moitísimo a rima asóante, esta forma de compor é máis doada e flexible, a partir da última sílaba tónica, soamente se repiten as vocais nas estrofas impares da segunda estrofa, que remarco en negriña, neste caso é a "o". e continúa coa a rima consoante das estrofas pares, que tamén subliño,coas vocais a e o, é consoante n (ano).
De igual forma continúa coa rima asóante dos versos impares coa vocal o e a rima consoante dos versos pares da terceira estrofa, coas vocais a e o e a consoante d (ado). Na cuarta estrofa segue coa rima consoante dos versos pares, terminados en eu.
NO BAÑO
É aquí onde as augas ferven
é aquí onde as pedras fal
an
é aquí onde as meigas chor
an
e... os paxariños cant
an.
Só un embruxo misterios
o
converte en divino o que é "hum
ano"
paisaxe, termas, !oh recant
o!
vivencia nun refuxio puro e s
ano.
Comparto a tristeza daquel pob
o
primavera en flor --xardín dour
ado--
que de súpeto se atopou sen querel
o
por invasoras augas aneg
ado.
Pois aquí onde as augas ferven
o lamento da xente non morr
eu
e teño que soñar, inda esperto
porque tamén aquí nacín...
Eu.
Manuel foi un artesán da palabra, un poeta do pobo e para o pobo, era un dos seus, humilde nobre e agradecido, de mirada serena e curiosa, de palabras xustas e de silencios precisos e ben medidos.
A súa poesía é natural, sobria, cálida e profunda ao mesmo tempo, está moi traballada, tanto na forma como no fondo. Sen perder a base científica, transmite paixón, tristeza, entusiasmo, agradecemento, beleza e ledicia, todas estas variables están ben tecidas e interrelacionadas, en ningún momento se solapan ou se entorpecen, cada unha ten o seu tempo e o seu modo.
Qué gratificante é poder ler e reler a súa obra, todo está pesado, medido e contado, nin falta, nin sobra nada. O noso inmenso agradecemento a Manuel por este gran agasallo.