Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O maniático

martes, 29 de junio de 2021
Todos os días, ás catro da tarde, Tarcisio Siabal Lucho sentaba á sombra dun carballo das Mestras e contemplaba os biosbardos. Sempre á mesma hora e ante o mesmo carballo. Todos os días. Sen importarlle para nada as inclemencias do tempo climatolóxico. Tamén en domingos, festivos e festas de gardar. Todos os días. E a forma Pingas de Orballo: O maniáticoque tiña de contemplar os biosbardos era pechando os ollos. Tarcisio Siabal pechaba os ollos durante quince minutos xustos e dicía (incluso o xuraba pola súa nai) que vía os biosbardos. Debía ser verdade porque, de cando en vez, abría os seus beizos nun disimulado sorriso.
Tarcisio, ó que ninguén o coñecía por tal nome, xa que para toda a vila de Baños de Molgas era O Chancas, era maniático nos seus actos. Perdón, no seu acto de sentar á mesma hora e ante o mesmo carballo. A proba é que certo día de verán estaba en conversa animosa e amigable con algunhas autoridades molguesas e tan axiña como se decatou de que as catro da tarde estaban xa aí, deixounos coa palabra na boca. Nin cura nin alcalde nin rabo de gaitas; botou a correr para chegar a tempo de sentar ante o carballo das Mestras e poder contemplar os biosbardos. Non lle tomaron a mal tal plante porque, como veciño que era, sabían da súa arroutada, da súa manía.
Ás catro e cuarto erguía con toda a pachorra do mundo, dáballe cariñosamente e con moito sentidiño unha pequena patada ó carballo e dicía adeus. Dicíalle adeus ó biosbardos, non ó carballo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES