Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vexetarianos, veganos e omnivoros

lunes, 28 de junio de 2021
Calquera persoa maior de idade e libre de comer ou non comer o que lle de a gana. Naturalmente respeto absolutamente a decisión de cada quen sobre o seu xeito de alimentarse. Teño algúns amigos vexetarianos, varios deles de recente incorporación;e de idade avanzada -octoxenarios- polo que me chama dobremente a atención. Tamén veganos; aquelas persoas que eliminan radicalmente da sua dieta o consumo de alimentos de orixe animal por motivacións éticas. Os veganos diferencianse dos vexetarianos que estes últimos, ademáis dos vexetais, si poden consumir productos derivados dos animais coma o leite, ovos ou mel; entre outros...

Ainda que o respeto -reitero- sorprendenme especialmente algunhas actitudes relacionadas co veganismo. A especie humana e de xeito natural omnívora alimentándose de productos de orixe animal e vexetal indistintamente. De feito, o primeiro que toma un bebé e leite materna. Según varios catedráticos de bioquímica, doutores ou biólogos moleculares con quen tiven a oportunidade de falar; as persoas timos que alimentarnos dun xeito variado para proporcionarlle o noso organismo aqueles elementos nutricionais necesarios para que realice todas suas actividades fisiolóxicas, incluindo aquelas sustancias que o noso corpo non e capaz de producir. Polo que si unha persoa decide prescindir dunha dieta omnívora e facerse vegana debe tomar alimentos ou medicamentos que lle aporten os minerais e vitaminas nas cantidades recomendadas para un funcionamento axeitado e correcto do organismo. Do contrario e case seguro que tira problemas de saude graves.

Noutro eido; teño que engadir que en moitos casos o trato que se lle proporciona os animais destinados a nosa alimentación e lamentable. O mantenimento e crianza destes animais non debería ser incompatible cunhas condicións de vida que non lles produzca sufrimento nin enfermedades froito do amoreamento ou falta de hixiene.

A crueldade dos animais debe ser perseguida e castigada por Ley. Somos moitos os omnívoros que temos por estandarte que se trate con respeto os animais. Non nos gosta a caza por pracer ou os variados espectáculos das touradas. Todo esto e o que penso; pero tamen podo estar equivocado.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES