Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ary entre gaivotas de liberdade

miércoles, 30 de junio de 2021
Levo un tempo confortándome entre os versos do Ary dos Santos que para min é o gran declamador da liberdade, un poeta que, alén de ser musicado por ámbitos moi distintos (tanto por fadistas como por cantautores), conseguiu que a súa voz formara parte de toda unha xeración. Poucas veces se escoita declamar con tanta intensidade e un sente pena de non telo visto en directo. Ademais, sente tamén certa envexa desa voz fonda que é todo presencialidade.

Ademais de todo isto, Ary foi unha continua referencia cultural para a nova canción portuguesa que, como outras, procuraba a expresión libre e o porvir do seu pobo. Nos poemas de Ary descríbese perfectamente o paso da tiranía á liberdade a través da revolución. Isto é "as portas que abril abríu" dio todo a través dunha rima constante e variando os tons da voz de acordo coas intensidades do poema, igual que en "minha mãe que não tenho", igual que en "meu amor, meu amor" ou "cavalo à solta". En Ary todo se mestura para converterse nunha preciosa militancia chea de futuro.

Sempre que coñezo a un poeta, lánzome as súas augas sen pensalo e boto meses e meses indagando nos seus océanos. Entón, debo recoñecer que este é o artigo dun principiante que ten moitos mares que sucar para fondear no universo de Ary. Quédanme, pois, moitas horas de deleite pero tamén, de busca e, quizais, algunha viaxe a Lisboa para rodar pola rúa da saudade á procura dos seus pasos.

Será un pracer buscar as súas palabras entre as librerías da cidade e, quizais, pasarme polo Cemiterio do Alto de São João para visitalo na emoción dun cavalo à solta de abril que só acouga nun "cravo de ternura".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES