Imos falar en cristián
Cardalda, Theo - jueves, 03 de julio de 2008
Remato de ler ese Manifiesto por la lengua común que están a promocionar certos intelectuais como Savater, Vargas Llosa, etc... e erguido politicamente pola UPyD de Rosa Díez.
Ao final da súa lectura deume noxo e vergoña allea, o considero un manifesto demagóxico. ¿Non lembran estes promotores asinantes deste Manifiesto que o Tribunal Constitucional avalou a constitucionalidade das lexislacións nesta materia en tódalas comunidades autónomas?.
Están a crear un conflito político xustificando o inxustificable. Falan de que o castelán está ameazado, isto é un insulto á intelixencia do persoal. ¿De que ameaza falan ante unhas linguas minoritarias como o Galego, Catalán ou Euskera.
Eu considérome un galego que fala tanto o meu idioma da miña terra galega como o castelán, e vou moito máis aló dicindo que o castelán é un idioma moi bonito pero de abondo mitificado, idioma que falo con moito respecto cando teño conversas con alguén que non sabe o galego, e moito máis respecto ao interlocutor co cal estou a falar.
Nembargante, teño a miña lingua materna que falo con moito orgullo. Así como recibín as herdanzas materiais dos meus avós e tataravós, tamén con elas recibín outra herdanza moi rica como é o idioma galego que é a siña de identidade que me conecta entre o presente e mailo pasado.
Cando xa non se respecta as linguas por parte destes demagóxicos-políticos Manifestos, están a non respectar ofendendo aos meus antergos.
¿Qué pretenden con este Manifiesto?. Isto fédeme a cousa casposa o máis rancio daquela longa noite de pedra. Sóame a algo que tiña superado desde fai xa máis de trinta anos onde o franquismo impuxo a sangue e lume o de falar cristiano.
¿Que está en perigo o castelán?. Claro que está en perigo pero non por parte das diversas linguas do Estado Español. Explícome: da cantidade de webs, blogs que estou lendo nas catro linguas cooficiais deste país, francamente as máis contaminadas son precisamente as que están escritas en castelán, onde hai unha nefasta influencia anglosaxona que contamina o idioma con expresións bárbaras e atroces.
Estes señores que asinan o Manifiesto que presumen de ser grandes constitucionalistas, agora defenden a reforma da nosa norma legal suprema, rachando con aquel grande consenso político de unha abondosa maioría de españois fai xa trinta anos.
Penso que non merece moita máis liñas o darlle tanta publicidade a estes señores intelectuais. Así que voy hacer un poco de footing y luego comerme un sándwich, ver el partido de la Champións Ligue e pola mañana hacer un casting para un filmque trata de Halloween. Trataré de cojer un Ping de este film, estaré esperando varios minutos y leeré un comic, me comeré un plum-cake, y como hace mucho frío me sonaré con un kleenex. Espero que el examinador del casting tenga un buen feelings y que el perfume de mi after-shave no le huela a bacon. Lo malo de todo es que no me traje el tupper-ware pero lo arreglaré con un lunch y por la noche sacaré un ticket para ir al pub. Al final de la jornada sufro un stress galopante.
Señores do Manifiesto coiden ben o castelán que xa non falan cristiano, e non se metan coas linguas oficiais das comunidades que son ao mesmo tempo un riqueza cultural e da extensa pluralidade do Estado Español.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora