Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Río: Si ti foras prado' (1)

viernes, 25 de junio de 2021
A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA

"Río: si ti foras prado,
eu sería canta
no teu esmaraño.

Prado: si ti foras río
eu sería estrela
no teu cilanquiño.

Nin río nin prado:
Veleí vai o día
sin treu nin engazo".

O poema está composto por tres estrofas de arte menor chamadas tercerillas, con rima asonante nos versos primeiro e terceiro e quedando libre o segundo.

A rima sería: (a - a : b - b : a - a)

Pensamos que as dúas primeiras estrofas teñen versos heptasílabos e a última hexasílabos, aínda que se pode estar en desacordo na primeira e segunda estrofa porque depende se lle aplicamos ou non as licenzas métricas; algúns versos poden ser octosílabos e outros hexasílabos. Nós para uniformar, coidamos que debido á estrutura do poema, as dúas estrofas primeiras son heptasílabas e a terceira é hexasílaba.
O poema está organizado en dous fragmentos: o primeiro comprende as dúas primeiras estrofas e o segundo, a última.

PRIMEIRO FRAGMENTO
Está ocupado polas dúas primeiras tercerillas con versos heptasílabos que supoñen en canto ao contido, varias posibilidades:

1ª) A de ser o autor reflectido no pronome "eu" dos segundos versos das dúas tercerillas o que, diante do río lle expón a este, que en caso de ser prado, o poeta convertiríase en "canta". Máis tarde, na segunda tercerilla, o autor diante do prado coméntalle ao prado que se o prado fose río, o poeta sería estrela.

2ª) Tamén podería ser posíbel que fose o día o que conversa co río e co prado, porque no penúltimo verso faise saber da súa existencia.

3ª) Outra posibilidade é a de que estea todo asolagado e que desapareceran as fronteiras entre o río e o prado, e de aí que exista tamén a posibilidade de "si ti foras río" ou "si ti foras prado", que pode corroborarse pola nota a pé de páxina de Ricardo Polín na páx. 511 de Á primeira luzada: "como peche da colección de catro textos galegos titulada "Poemas de Francisco de Fientosa", asinados no ano 1935 nas "montañas de Lugo". Con todo, no reverso do orixinal manuscrito do primeiro deles ("Hoxe houbo unha gran riada") consta solto o encabezamento "Río: si ti foras prado" O que proba unha certa relación coas enchentes do río.

4ª) A de dialogar o río e o prado, atribuíndolle un ao outro a posibilidade de transformarse mediante unha conversa de posibilidades; a primeira, a de falar, e despois, a de poder facer unha transformación personificando mediante prosopopeas cheas de un animismo cognitivo, onde os seres inanimados como o río ou o prado son capaces de percibir emocións e sentimentos e, incluso, ser capaces de falar chegando a formular premisas propias dun siloxismo filosófico.

Neste pimeiro fragmento atopamos un paralelismo por substitución do siloxismo en todos os versos; tan só cambia unha verba en cada un.

RÍO-PRADO: Si ti foras (prado, río)
eu sería (canta, estrela)
no teu (esmaraño, cilanquiño)

A estrutura sería a seguinte para as dúas primeiras tercerillas

Si ti "A"
eu "B"
no "C"

Na primeira é o río o que ten a voz e lle di ao prado

"...si ti foras prado
eu sería canta
no teu esmaraño".

Tamén se pode entender que outra persoa, neste caso o poeta?, refírese ao río indicándolle ao mesmo río, que se fose prado, o poeta sería "canta".

Agora xorde un problema importante porque, que significa a palabra "canta"?, a cantidade dun número?, a abundancia de algo?, unha canción ou cantar?, unha copla popular? A R.A.G. (Real Academia Galega) non nos soluciona o problema, pois concíbeo como un interrogativo, exclamativo, relativo, indefinido ou adverbio, que segundo penso non ten nada que ver nesta primeira tercerilla. Acudimos posteriormente a R.A.E. (Real Academia Española) e pensamos que nos acercou un pouco máis ao seu significado xa que nos indica que é feminino, polo tanto sería un substantivo, empregado en Aragón e Colombia, e cuxo significado é o dun substantivo feminino: "cantar, canción o copla".

Cremos, entón, que alguén das catro posibilidades xa vistas, non sabemos quen, sería como unha cantiga no seu "esmaraño". O esmaraño é o resultado de estender a herba, centeo, trigo... cortado por un gadañeiro despois de segar, o que nos levaría a unha metáfora ultraísta polo parecido entre a longura e a anchura do río e a longura e anchura do maraño esmarañado, por iso hai unha semellanza metaforizada entre o prado e o río.

(Continuará)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES