Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Camiño de redención? / 15 minutos dan para moito

viernes, 25 de junio de 2021
Camiño de redención?
Collín medo dunha nube negra e arrodeei, arrodeei moito para ir polo sol, por onde daba o sol. Xa sei, todos sabemos que o medo é libre, pero aínda así quedei algo preocupado; porque terlle medo a unha simple nube negra é un asunto serio. Non é común. E non é polo que poida traer consigo a nube, ou sexa, que descargue tronos, alustros e auga a Pingas de Orballo: Camiño de redención? / 15 minutos dan para moitomares, senón por algo descoñecido que intúo, que me dá coma un presaxio. Os tronos; sempre me divertín co ruído dos tronos; canto máis fortes, máis emoción. Ás chispas ou alustros ou lóstregos ou relampos é certo que lles teño respecto, pero de aí a medo vai todo un mundo, toda unha feira. A auga a mares; non pode ser moita dunha simple nube negra. Pero collinlle medo e arrodeei.
Arrodeei tanto que cando me decatei xa nin vía a maldita nube. Para min que me perdera. É raro que me perda, porque sempre me deixei orientar pola inercia e a ollo. Orientándome a ollo son un artistiña. Como tamén se adoita dicir: onde poño o ollo, poño a bala ou o que me dá a gana. Total, que peguei voltas e reviravoltas sobre min mesmo, chegando incluso a facer o pino, e non houbo maneira: a nube negra non asomaba por ningún horizonte.
Deixoume tan intrigado a cuestión, que volvín sobre os meus pasos, sobre as miñas mesmas pegadas e cando cheguei ó lugar de onde partira, axiña a vin; alí estaba. E agora, non sei por que, xa non lle tiña medo. Acaso realizaría eu un camiño de redención?

15 minutos dan para moito
Sei que agora a maioría da xente bota man dos móbiles para realizar certas anotacións, ou axiña lle dan á cámara para que queden rexistrados sen moito traballo aqueles titulares ou asuntos que interesan cando estás lendo un periódico, por exemplo. Eu, que queredes que vos diga, sigo de carroza e comigo anda sempre un bolígrafo Pingas de Orballo: Camiño de redención? / 15 minutos dan para moitocolgado do peito (porque as malditas camisas de punto non teñen bolso ningún) e un pequeniño caderno feito, iso si, con papel reciclado e coas medidas a xeito de que, este, si, me colla no peto de atrás do pantalón. Porque ás camisas de punto xa dixen o que lles faltaba e as outras, as normais, algunhas tampouco teñen bolso, ou se o teñen é tan raquítico que está tan só de adorno.
Explicado o asunto, comunico, revelo, anuncio, informo, transmito que se me acumulan as anotacións sobre o que, día a día, leo nos xornais. Aquilo que me chama moito a atención ou que me sorprende pásoo inmediatamente a ese pequeno caderno coa intención de, nese mesmo día ou nos vindeiros, desenvolvelo nun Pingas de Orballo. O que pasa é que, despois, e acostumado ultimamente a escribir nas terrazas dos cafés, de camiño a estes (e como vou sempre andando, uns 15 minutos de andaina) ocórrenseme outras cousas que acabo plasmándoas no papel, nun caderno normal. Ás veces só se me ocorre unha frase, ou escoito o verso dunha canción, ou algunha palabra que dixo alguén e 15 minutos, pensando, dan para moito. Logo dos dous ou tres sorbos do café xa está todo máis ou menos planeado, polo que ó momento disparo pingas de orballo sobre o caderno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES