Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellorando o presente

jueves, 24 de junio de 2021
Certo que todos temos intención de facer as cousas o mellor que sabemos e o mellor que podemos.
Outra cousa é que acertemos coa mellor das fórmulas.

Acertar na maneira de concebí-la vida non é tan doado.

A verdade é que nos encontrámos con persoas moi diferentes na maneira de pensar e na maneira de actuar.
Pero indepedentemente das diferenzas que haxa entre as persoas, todas estamos chamadas a mellorar.

¿QUÉ PRECISAMOS PARA MELLORA-LA INFANCIA?
- O primeiro que precisamos é unha familia con bos principios.
- Nestes tempos, familias hainas de moitos tipos e con diferentes principios, tamén.
A realidade social dinos que algo está fallando.

PRECISAMOS FAMILIAS QUE DISPOÑAN DE TEMPO PARA DEDICARLLE ÓS SEUS FILLOS:
-Para falar con eles.
-Para darlles bos consellos e bos exemplos.
-Para explcarlles que é o máis importante na vida.
-Para alertalos dos perigos que corren polo mundo.
-Para controlar o uso que fan das redes sociais.
-Para ensinalos a respectar ás persoas maiores, ó profesorado e ás autoridades, en xeral.
-Para que saiban que todo ten un prezo, que ninguén regala nada, que só Deus regala a vida, o resto hai que sudalo.

FAMILIAS DESTE TIPO AÍNDA QUEDAN.
Son conscientes de que:
RESULTA IMPOSIBLE MELLORA-LO PRESENTE SE NON MELLORAMOS OS ADULTOS.

Somos os adultos os que temos que facer un exame profundo da nosa escala de valores: se valoramos tan só o TER e nos esquecemos do SER, imos camiño do fracaso.

¿QUE PRECISAN MELLORAR CERTAS FAMILIAS?
-O primeiro é ter moi claro o concepto de familia.
Unha familia non se forma espontaneamente porque dúas persoas se sintan atraídas pola beleza física, por razóns emotivo-sexuais ou porque teñan un bo provir económico.

Unha persoa que queira fundar unha familia, ademáis de labrarse un porvir económico, ten que ter moi claro que unha familia está formada por varias persoas que precisan: CARIÑO, ENTREGA, FIDELIDADE, ESTABILIDADE, COMPRENSIÓN; PERDÓN A TONELADAS E GRANDES DOSES DE PACIENCIA.

Hoxe en día están de moda as "familias exprés" como se dun producto calquera se tratara.
Por eso abundan: disputas, preitos, odios, separacións, divorcios, familias rotas, sufrimento, ruina económica e amocional….
¡Unha auténtica desgraza para as familias que lles toca e para a sociedade tamén!

GRAZAS QUE TAMÉN HAI MOITÍSIMAS FAMILIAS QUE POSÚEN PRINCIPIOS MOI SÓLIDOS:
-Pais e nais que comparten as tarefas do fogar e a crianza dos fillos con ABSOLUTA NATURALIDADE.
-Pais e nais que lle dan ós seus pupilos alternativas para que non se enganchen nas redes sociais: VIDA DE FAMILIA.
-Pais e nais que conservan os valores morais e relIxiosos dos seus antepasados.
-Pais e nais que visitan con frecuencia ó profesorado para interesarse da marcha académca dos seus vástagos.
-Pais e nais que sacan tempo de onde sexa para dedicarlle un tempo ás criaturiñas.
-Pais e nais que se interesan polas amistades dos seus fillos, que coñecen ás súas familias, que saben de quen se acompañan.
-Pais e nais que non regatean esforzos ós seus fillos para que aprendan que hai que colaborar no benestar do fogar.
-Pais e nais que crean un "clima moi agradable" no fogar para que as criaturas se sintan cómodas e creen vínculos que duren toda a vida.
Familias así son as auténticas, son o sostén da sociedade que todos desexamos, son as que crean un mundo feliz.

"UN MUNDO FELIZ"
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES