Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sobre os heroes tamén chove

miércoles, 23 de junio de 2021
Escribir hoxe nunha terraza é algo complicado. Porque vai aire e o tempo ameaza con chuvia. Pero todo é cuestión de suxeitar, de apertar ben o papel sobre a mesa e aguantar coma os heroes. Sempre me gustou presumir de heroe aínda que, na realidade, sexa un cagainas, un covardiño. A culpa é dos cómics e das películas da Marvel ou de súper heroes. Agora mesmo a música de Alex North tamén me inflúe bastante: ten ritmo dun "preludio á batalla".
Pingas de Orballo: Sobre os heroes tamén chove Non sei se non viría moi lixeiro de roupa a ler La Región e a tomar un café, pois os sinais que deixa o aire danme a entender que non tardará en chover. Mira que se chego á casa enchoupado... A culpa é dos locutores do tempo, que din que chove, que chove, que vai chover e como nunca acertan, non lles facemos caso. Pobres, que non lean isto como unha crítica (eu sempre confiei neles), pero cada vez que te atopas con alguén (e o inicio das conversacións sempre é o tempo. De cantos silencios nos saca o tempo climatolóxico!) axiña comentan que "non acertan nada". E claro, todo se pega.
É igual; como xa estou rematando, malo será que non chegue á casa sequiño e coa heroicidade bailando un chotis sobre as circunstancias ou cabalgando sobre este aire para mofarse un pouco dese ceo escuro e negro que me dá que non tardará en descargar. Así é que, por moi heroe que sexa, non quero que se me molle a pluma. Porque sobre os heroes tamén chove.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES