Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: De Camiño

martes, 22 de junio de 2021
De camiño vin pensando en que sempre oíra que de noite todos os gatos son pardos. O problema é que eran as cinco da tarde, e aínda que o ceo estaba moi nubrado e demasiado escuro, non era de noite. A verdade é que tampouco vin ningún gato polo camiño, e iso que polo lugar que paso, ou sexa, polo atallo case sempre hai un. De día non é pardo, que é rubio.
Pingas de Orballo: De Camiño De camiño tamén vin pensando que as gotas de chuvia, cando caen, mollan. A min, nesta ocasión, non; porque axiña abrín o paraugas por se aquel. En todo o demais, mollaban. Mollaban o cemento do atallo, o asfalto da estrada, as follas dos carballos e das cerdeiras, as ás dos paxaros, as herbas dos valados... Para non mollar, a solución estaría en que non chovese. Agora mesmo non é que chova, nin moito nin pouco, pero algunha que outra pinga si que cae. E repito: mollan. Non é que fose necesario o paraugas aberto, pero que se molle o caderno... iso si que non, iso sería peor que un crime. Prefiro enchouparme todo antes que unhas pingas de auga me caian sobre un caderno ou un libro ou un periódico ou unha revista.
De camiño tamén pensei que ó chegar ó lugar no que estou non me quedaría outra que deixar caer, como pingas de auga ou de orballo, sobre ese caderno, todos eses pensamentos que pensei. Xa o fixen e deixo de pensar. Para non molestar. Eu ben sei que estes meus pensamentos non son pardos; en tal caso, parvos. Mellor deixalos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES