Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os anxos de Lourenzá (II) Pipiolos en Mondoñedo

martes, 22 de junio de 2021
A D. Pepe, corazón que me cingue con aqueles mestres e compañeiros no seminario de Mondoñedo, con verdadeira gratitude e agarimo.

Escribía no capitulo anterior que os pícaros ingresados no Seminario de Lourenzá éramos uns nenos soñadores ó servicio de Cristo. Iso, al menos era có que soñábamos moitos; outros, non embargantes,eran cativos coa ilusión de librar do sacho ou do mar, que viña sendo o futuro da súa xeneración en familias humildes. Cecais outro terceiro grupo, aceptara o seminario como o colexio barato onde estudar un bachelerato ou algo máis. Cada un saberá os motivos do seu ingreso.

O certo é que alí andábamos todos misturados, con capacidade grande de sacrificio, pero dispostos a aceptar aquel réximen disciplinario, cuasi carcelario, aprendendo latín e outras materias propias do futuro cura.

A vida era, non só moi regrada, senón tamén moi monótona: Madrugar, estudar, xogar un pouco, e comer, según un calendario repetido. Só variaba algo os días festivos, o que implicaba cambear de roupa e saír de paseo polo monte.

Conta moi ben e con moito detalle o compañeiro Xermán Chao Falcón -saga de excelente familia- cousas que a mín se me escapan, quizás polo tempo, e tamén porque a percepción das cousas é sempre moi persoal.

Por exemplo, escribía eu, no artigo anterior, que me impactara moito a morte en Lourenzá de Casabella. Dormíamos no primeiro andar, subindo pola entrada do mosteiro a dereita, case enfrente das dependencias de D. Xosé María Puente. Pois ben, alí abundaban os ratos e a mín comíanme todo-los petos do gardapolvos, sempre con codas de pan, que básicamente era o meu alimento.

Como queira que fixen participe do artigo anterior ó meu amigo Mero, compañeiro de Maxisterio, músico de Fuxan os Ventos e agora ialma da "Quenlla", casualidades da vida, fixeron que reparara no apelido e lle preguntara o outro gran cantante e músico, Miro Casabella, se o coñocía. Respostoulle que aquela morte o marcara porque viña sendo primo carnal dil.

Para mín, a palabra difteria quedara grabada no corazón, e sen embargo, Miro chamáballe garrotillo. A cuestión ven sendo a mesma: Morte por miseria, que ó dicir da wikipedia, a bacteria en cuestión ten que ver coas condicions sanitarias do medio. Sei que era unha enfermedade moi perigrosa e máxime naquelas condicións. Sempre pensei que, igoal que lle tocou a Casabella aquela fatal lotería, podía tocarnos a calquera de nós. De feito, recordo que marchamos para a casa, aínda que non sei por canto tempo.

Falaba de percepción das cousas. Pois ben, haberá quen non recorde a sopa de cebola, pero se un martirio sufrín en Lourenzá, ise era a sopa. Ata algúns me chamaban "Sopas". O mesmo me pasa cando oio falar de isto ou aquelo. Por exemplo, hai unha admiración enorme nos compañeiros maiores por D. Dino. Pois ben, certamente paréceme un gran home polo que lín dil, pero non o coñocín, ou al menos non me decato. Nin dil, nin de D. Darío, nin outros.

De 0D. Honorio, non embargantes, coñecín ata a súa irmá. Por iso vou a falar máis adiante do que me fixeron sentir cada persoa coa que convivín.

Agora contareilles o que supuxo para mín o paso a Mondoñedo. Mondoñedo era a cidade. Alí xa estaba o noso futuro ata rematar a carreira, aínda que a viramos lonxe, non no vello mosteiro de Lourenzá. Non, que naide se ofenda, pois Vilanova e a igrexa de Lourenzá eran moi fermosas, e da pouca xente que coñocimos, estou moi agradecido. Mondoñedo tiña un seminario moi moderno con relación ó vello mosteiro que rematábamos de deixar.

Os primeiros cursos estábamos na parte nova, cunha capela que estaba do trinque; uns dormitorios e aulas con solo de terrazo, cunhas grandes salas que se limpaban ben e sempre estaban relucintes, cunhas aulas que nada tiñan que envidiar a calquer instituto de entón. Aquelas instalacións eran máis amplas, coa sensación de maior libertade, e gozábamos de campos de deportes para fútbol, baloncesto, voleibol, ping, futbolín, vestuarios, camisetas de fútbol...Ata compartíamos có maior un salón de actos ou teatro. Tamén disfrutábamos con súas liga de fútbol e equipos organizados. Ata disputábamos partidos de selección contra os maiores, que sempre se deixaban gañar para ledicia dos máis novos e incautos.

Se aquil cambio fora para moito mellor, nós, xa pipiolos de Mondoñedo, usábamos sotana e iso daba unha distinción que moitos rapaces da nosa idade quixeran para sí. Gañábamos moita consideración social e ata usábamos beca e bonete para festexar as nosas celebracións.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES