Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agromar nun solsticio

miércoles, 23 de junio de 2021
Hoxe é a noite de San Xoan ou a noite na que recibimos o verán, a noite máis curta do ano e a noite onde se produce o solsticio. Cada un pode celebrar o que queira e cristianizala ou non simplemente é unha opción. O caso é que é un ritual de purificación física ou espiritual e nela pagáns e crentes poden compartir o agromar da vida no primeiro solpor do verán.

Máis que nunca fainos falla un solsticio sanador que nos poña bálsamos nas chagas de tantas ausencias. Fainos falla aquecer no lume aínda coa distancia imposta por este virus que se resiste a abandonarnos. Con todo, é o solsticio da esperanza, o último (quizais) con normas restritivas, respectémolas agardando ese amencer que xa alborexa e vén a dicirnos que resistimos unha pandemia.

Agromemos, curémonos no lume sagrado que promete limparnos o ánimo e pronto, moi pronto, recuperaremos ese solsticio perdido hai demasiado tempo, un solsticio chamado liberdade.

(Iago Santalla é Doutor en Humanidades, Educador social e Couch)
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES