Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O asunto Morata

lunes, 21 de junio de 2021
Empezo este Recuncho xusto despois de rematar o partido da Eurocopa entre España e Polonia (1-1), onde, por sorte, marcou Morata e onde, por desgraza, tamén volveu fallar Morata. Antes de nada, gústame Morata e vou defender a Morata. E non me deixo influenciar polo seu gol de hoxe, xa que este relato o tiña máis que estudado e analizado pola antes antes do partido, o que pasa é que precisamente por ver os partidos anteriores da Eurocopa non tiven tempo para escribilo.

Somos do que non hai. Porque con respecto a Morata está a pasar o que pasou con Benzemá no Real Madrid. Non hai moito, este francés era un desastre, asubiáronlle todo un concerto, desexaron botalo do Real Madrid unha e un cento de veces porque non marcaba, porque seica era malo de solemnidade. (Paréntese para dicir que desde o primeiro día que vin xogar a Benzemá nese club, sempre o tiven por encima de Modric e incluso do propio Cristiano Ronaldo. Si, é certo que Ronaldo é un crack como goleador; pero a clase, ai a clase do francés...). O dito, que a Benzemá odiárono ata case a morte. Agora, porque xa marca goles, hainos que incluso o comparan con Mesi.

Morata non ten a clase de Benzemá nin as xenialidades de Mesi, pero dentro dos xogadores españois paréceme bo, moi bo. E sobre a súa falta de gol... desde cando España tivo un auténtico goleador, se sempre fomos unha selección que ganamos os partidos a trancas e barrancas e a maioría das veces pola mínima. Se quitamos aquel 4-0 a Italia ou aquel famoso 12-1 a Malta (que todos gaban a máis non poder, cando realmente goleamos a un equipiño cheo de carpinteiros e albaneis), todo o demais, ganancias pola mínima. Alguén tamén pode pensar que David Villa. Pero á beira de David Villa había un señor equipo comandado por un tal Iniesta e un cal Xavi.

Tamén creo que actualmente non temos un goleador nato, porque a realidade di que non temos nada, que non temos equipo. E visto o partido de hoxe, é normal que A Cartuxa se quedara en silencio e sen ganas de animar logo de fallar o penalti. Non lle metemos un gol nin ó arco da vella. E Iago Aspas na súa casa de Moaña. Os males da selección non están na falta de gol de Morata. Ata penso que foi o xogador máis destacable de España. E non quedará outra que encomendarnos a el cando xoguemos con Eslovaquia, se non queremos facer as maletas na primeira fase. Que, visto o visto, non me estrañaría nada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania