Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O documental 'Entrar aos Vilares', seleccionado para a 42 Semana de Cine de Lugo

lunes, 21 de junio de 2021
O documental 'Entrar aos Vilares', seleccionado para a 42 Semana de Cine de Lugo Entrar aos Vilares, o documental que acompaña en DVD ao libro Lareira de soños de Pastora Veres (Edicións Fervenza), participará da 42 semana de cine de Lugo organizada polo grupo cinematografico Fonmiñá.

O filme, foi dirixido por Cibrán Tenreiro coa colaboración de Toni González e Xacobe González e foi finalista tamén da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en tres categorías.

Si o libro de Pas Veres se adentra na parroquia de Díaz Castro dende a perspectiva dunha indíxena coñecedora do lugar, o documental complementa o libro dende a visión de tres rapaces que nin naceron no rural nin coñecen o lugar, "entran aos Vilares" dende unha visión novidosa e honesta tentando coñecela da man dos propios veciños dos Vilares. Tanto o traballo de Pastora Veres (libro) como o de Cibrán Tenreiro (audiovisual) son unha importante e orixinal aportación á antropoloxía da parroquia chairega do poeta Díaz Castro que poderán disfrutar na Semana de cine de Lugo á volta do verán, participación que nos enche de orgullo. Entrar aos Vilares foi proxectada dende a súa estrés na igrexa dos Vilares en máis de 60 lugares de Galiza. O proxecto Os Vilares, lareira de soños prepara xa outra publicación sobre o fotógrafo ambulante José Lobeiras (o Armeiro de Berulfe) e un novo documental.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES